#Fútbol Base #Xuvenís

«O ano pasado anotei case 45 goles», David Ben

David Ben Rivas, nado en Burela no ano 2000, é o máximo goleador da fase de promoción xuvenil en Lugo, na que leva anotados 10 tantos, e foi o pichichi da primeira fase na que o seu equipo, o Porto Burela, e máis el disputaban a Liga Provincial Norte, na que asinou 16 goles. O Burela é o actual líder da 2ª Fase Xuvenil, competición na que os dous primeiros postos dan acceso ás eliminatorias de ascenso á Liga Galega Xuvenil. Falamos con David para coñecer un pouco máis acerca deste depredador da área.

 

Futbolinlugo: Ola David. Fuches o pichichi da primeira fase da liga e estás a selo na segunda. Como te sentes?

David: Moi ben, moi contento por axudar ao equipo a manterse arriba, e tentarei seguir así.



 

F: Xa o ano pasado fuches o máximo anotador en idade cadete. Polo tanto, non é casualidade. Estás bendito de cara a porta?

D: Si, o ano pasado anotei entre 40 e 45 goles contando a fase de ascenso, pero non creo jeje, hai partidos nos que entran todos os balóns e outros nos que non tes nada de sorte.



 

O equipo de David celebrando o ascenso á Liga Galega cadete a pasada campaña.

F: O ano pasado o equipo cadete ascendeu á Liga Galega gracias en parte aos teus goles. Que supuxo o ascenso?

D: Foi unha enorme alegría xa que levabamos tempo buscándoo e ao final o conseguimos co esforzo de todo o equipo.

 

F: Pensas que este ano hai posibilidades de repetir o ascenso, a pesares de que sexa nunha categoría superior?



D: Sí, claro, pero está moito máis difícil que a tempada pasada, hai máis equipos cun amplo nivel e se perdes algún partido pódeste complicar moito a vida.

 

F: Persoalmente, con esas desmesuradas cifras goleadoras, imaxinamos que terás recibido chamadas de equipos de «maior nivel» que o do teu clube actual…

D: Efectivamente, algunha conversación houbo…

 

F: Pensando no futuro, crea que podes xogar nunha categoría importante dentro duns anos?

D: Non creo, hai xogadores de gran calidade e é moi difícil chegar arriba. Pero nunca se sabe, non pecho portas.

 

F: Para finalizar, que é o que máis che gusta do fútbol?

D: Meter goles gústame, pero sobre todo disfrutar xogando e estar cos meus compañeiros.

F: Gracias David, ata pronto.

D: A vós.

Desde a nosa páxina queremos desexar a David e ao Porto Burela os maiores éxitos.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *