As boas noticias chegaron dende a Preferente. O Foz conseguiu a súa primeira victoria, con doblete de Xenxo incluido. Os de Gayol non viron perigar o triunfo ante un Estudiantil, que mantivo a incertidume no marcador grazas aos erros mariñáns. Tamén chegou o primeiro triunfo do Viveiro, con adicatoria especial. Unha victoria sufrida despois dun soberbio inicio e que vai para Dani Carnota, lesionado o pasado venres no adestramento do cadro de Chusky. O lateral esquerdo terá que ser operado de tibia e peroné.
Os que seguen a velocidade de cruceiro son a Sarriana e o Ribadeo. Os de Alberto López asaltaron un feudo complicado coma o do Negreira antes do cuarto de hora. No minuto 11, xa vencían por 0-3. O Ribadeo tamén firmou os tres puntos a domicilio, nun encontro no que non mostrou a súa mellor versión. Iso sí, cometeu menos erros que o seu rival, o Boimorto, e levouse o gato á auga. Por último, o Castro segue sen gañar e encaixando goles con facilidade. Os de Edrosa reaccionaron na segunda metade e chegaron aos últimos minutos con empate a 4 goles. A sorte foi esquiva unha vez máis. O ex do Lugo Iván González firmaba o quinto do Xallas no desconto. Cuarto gol na súa conta particular, nunha tarde que seguro recordará.