#Fútbol afeccionado #Segunda Futgal

O almanaque 18/19 da Segunda Rexional

A Segunda Rexional comeza en menos de tres semanas (a fin de semana do 8 e o 9 de setembro) con 32 equipos en competición. O sistema continúa sendo o mesmo das últimas temporadas con dous ascensos directos e dous descensos en cadanseu grupo; iso si, as baixadas de categoría poden ser máis polos posibles arrastres. O Concello de Lugo será o máis representado con cinco equipos, aínda que a Comercial participará cos equipos da Mariña e da Terra Chá.

No grupo norte a temporada comeza cun par de duelos entre equipos que volven á Segunda. O descendido Valadouro estrearase no Árbol ca ascendida Comercial; mentres que o Xermade, despois do seu paso pola Primeira, recibirá no Municipal ao Goiriz:

Cabreiros – Cospeito

Lourenzá – Roupar



Valadouro – Comercial

Mondoñedo – Folgueiro

Xermade – Goiriz



Guitiriz -Abadín

Candelaria – Meira

Cervo – Iberia

Na segunda xornada xa chega un dos poucos derbis interparroquiais que haberá este ano na división. O Roupar  recibirá ao Cabreiros revivindo o duelo que o domingo pasado os enfrontaba na final da Copa Xermade (venceu o Cabreiros 3-0). Os seguintes duelos xermadinos serán na xornada 11 co encontro entre o Cabreiros e o Xermade e na fin de semana do 2 de decembro co duelo entre o Roupar e o Xermade.  Na terceira xornada, haberá o outro dos duelos entre equipos do mesmo concello: Cervo e Candelaria. Para a fin de semana do 18 de novemebro (xornada 11) quedará o derbi por excelencia da categoría e un dos máis destacados do fútbol lucense: Lourenzá – Mondoñedo. 

Consulta todos os partidos aquí: calendario_segunda_norte_18_19

A Segunda Rexional comezará na fin de semana do 8 e o 9 de setembro

No grupo sur a campaña principia cun encontro entre dous conxuntos das Terras de Lemos que baixaron da Primeira Rexional: Ferreira – Bóveda. Ademais haberá un encontro entre ascendidos: Guntín – Corgo, que non se enfrontaron na loita polo ascenso xa que o Guntín ascendeu pola segunda vía, sen clasficarse para o grupo do ascenso. Serán protagonistas tamén na primeira xornada os dous filiais da categoría e dous dos catro representantes lugueses do grupo:

SD Becerreá – Incio Terra Brava

San Roque – Brollón

Portomarín – Oural 

Ferreira – Bóveda

Chantada B – Monterroso B

Sporting Lucense – Palas

Guntín – Corgo

Santa Comba – San Lázaro

Na sexta xornada haberá un novo duelo entre os equipos das Terras de Lemos. O Bóveda e o Brollón enfrontaranse na fin de semana do 14 de outubro. O outro encontro entre equipos destas terras na primeira volta será xornada catorce cando o Ferreira recibirá o Brollón. Antes, na fin de semana do 17 de novembro xogarse o derbi da Ulloa que este ano haberá na Segunda entre o Monterroso B e o Palas.

Consulta todos os encontros aquí: calendario_segunda_sur_18_19

O almanaque 18/19 da Segunda Rexional

Diario dun mercado. Episodio 97

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *