Hemeroteca: Motivación espectacular sen premio

Hoxe a nosa hemeroteca viaxa moi preto no tempo. Menos dun mes atrás de feito. Pero vale a pena facer este percorrido. Os amigos de Monterroso fannos chegar este espectacular documento. Un vídeo que recibiron os xogadores antes do trascendental encontro ante o Outeiro polo ascenso. O resultado non foi o desexado. Iso sí, este […]

Hemeroteca: O reinado do Sangoñedo

Viaxamos tan só dúas campañas atrás. Para vivir un derbi de Segunda Galicia, que este ano se viviu na Primeira. Chantada Atlético e Chantada B enfrontábanse para facerse co ‘trono momentáneo’ do Sangoñedo. Vexamos que pasou neste magnífico derbi da Vila do Asma! Dentro vídeo!

Hemeroteca: O desaparecido derbi de Viveiro

2012. Viveiro disfrutaba dun novo e emocionante derbi entre dous clubes referentes na canteira. Un enfrontamento xa inexistente e que moitos futboleiros botan de menos. EF Vivero e Praia de Covas víanse as caras no Cembedo unha vez máis. Esta en categoría benxamín. Un encontro que se decidiu por un só tanto. Quen gañaría? Saímos de dúbidas […]

Hemeroteca: Espectáculo de benxamíns

Remontámonos a decembro de 2011. Viaxamos a Mondoñedo para recordar un auténtico partidazo de benxamíns. Daquelas aínda se xogaba a fútbol-7. E os locais e o Ribadeo deron un auténtico espectáculo. 11 goles. Vémolo xa grazas ao documento de Jose PG. Dentro vídeo!

Hemeroteca: O renacer da Sarriana

Ano 2013. A Sarriana volve pouco a pouco ás súas orixes. A estas alturas xa está en Primeira Galicia logo dos seus meteóricos ascensos dende a Terceira Galicia. Aquí temos unha boa proba do seu renacer. Unha victoria no sempre complicado campo do Sagrado Corazón. Dentro vídeo!

Hemeroteca: Lourenzá e Folgueiro, en Primeira

Hoxe queremos recordar un partido da Primeira Galicia de finais do ano 2010. Enfrontábanse Lourenzá e Folgueiro, dous equipos que xa non están na categoría. Para que vexades o que cambia todo nuns poucos anos! Deixámosvos cos goles do encontro grazas ao documento de Rubén García. Dentro vídeo!

Hemeroteca: Unha semifinal resolta aos penaltis

A primeira edición da Copa Deputación infantil disputouse en Viveiro alá por xuño de 2012. Alí Lugo e Viveiro decidiron unha das semifinais tras empatar 1-1 ao final do tempo reglamentario. O desenlace tédelo aquí grazas a Xoan González. Dentro vídeo!

Hemeroteca: O Castroverde repite a súa historia

Hai menos dun mes que o Castroverde firmaba o ascenso á Segunda Galicia. Non era a primeira vez que o facían. Xa dicía Barceló, non o confundan co do ron, que «a Historia é un ciclo continuo, sen cortes, no que algúns dos seus parámetros fundamentais se repiten». E diso damos fé na nosa hemeroteca. […]

Hemeroteca: Un ‘duro’ domingo calquera

Hoxe viaxamos uns anos atrás. Campo Luis López Gorgoso da Frigsa. Alí dispútase un dos múltiples encontros de Fútbol-7 (agora Fútbol-8). O nome dos equipos é o de menos. Neste caso, son a Milagrosa e o Escuelas Lucenses (Lugo). O realmente importante é o esforzo que fan estos rapaces. O de madrugar despois de facelo […]

Hemeroteca: Un dejà vu en branquiazul

Recordamos hoxe na nosa hemeroteca un dos últimos ascensos da Residencia. Campaña 2010-2011. O cadro da Cheda empezaba unha década gloriosa, na que chegou incluso a Preferente. Algo que pode repetir moi pronto. Pero á beira do ‘Carrefour’ soñan ao grande e agora queren que sexa o seu filial o que suba á Primeira Galicia. Será […]

Hemeroteca: Agora o que ascende é o Roupar. Aquel día o Cabreiros

Viaxamos case nove anos atrás. Ao campo do Roupar. Alí ascende o Cabreiros a Primeira Galicia tras vencer por 0-2. Festa a domicilio. Pero como cambia isto do fútbol, porque agora o que ascende é o Roupar. Despois de subir hai pouco máis dunha semana, volverán atoparse cos vilalbeses na Segunda Autonómica a próxima campaña, salvo […]

Hemeroteca: O Calasancio cadete recibe ao Celta

Viaxamos á Liga Galega cadete 2014-2015. O Calasancio cadete recibe ao Celta na casa. Vexamos que pasou grazas ao documento de MariaPampin! Dentro vídeo 😉

Hemeroteca: A tempada perfecta do San Ciprián

A nosa hemeroteca viaxa á tempada 2010-2011. Un clube mariñán conseguiu todo o que se propuxo. Hoxe recordamos a aquel San Ciprián xuvenil que arrasou alá por onde pasou! E facémolo grazas a esta montaxe de xinho10. Dentro vídeo 😉

Hemeroteca: O último ascenso do Muimenta

Este sábado queremos recordar o último ascenso do Muimenta. Foi hai relativamente pouco e á Primeira Autonómica. Canto tardarán en volver? Mentres tanto, trasladámonos a tempos mellores e revivimos este ascenso coa grabación de Jesu Vigo. Dentro vídeo!

Hemeroteca: O Xove Lago visitando San Lázaro

A escasas horas de que o CD Castro faga máis historia coa súa visita a San Lázaro, recordamos a outro emblemático clube que visitou tal escenario non hai moito tempo. Tempada 2011-2012. O Xove Lago, daquelas en Preferente, mostra o seu fútbol no campo no que Ronaldo ‘o gordo’ abraiou a medio mundo.

Hemeroteca: AD Praia de Covas 4 – CD Lugo 4

Hoxe A Nosa Hemeroteca viaxa case cinco anos atrás. Recordamos un partido dos que fan historia na Liga Provincial Benxamín. O mítico Praia de Covas, unha auténtica referencia na base, contra o Lugo. Vale a pena velo. Canto espectáculo nos ten dado o clube de Don Emilio Rosanes! Dentro vídeo 😉