Toda unha vida defendendo as cores do Viveiro C.F. Capitán e unha das referencias do equipo e do vestiario, co brazalete de capitán nas últimas campañas, Aurelio tomou a decisión de deixalo clube, desputando o seu último partido en Cantarrana o pasado 21 de maio, día no que recibiu unha merecida homenaxe.
A amizado co adestrador da U.D. Folgueiro, e a súa paixón polo fútbol, fixeron que cando menos, Aurelio se vista de curto unha temporada máis no equipo do Vicedo en Segunda Autonómica. A día de hoxe é xa unha referencia no equipo, aportando o seu xogo e a súa experiencia, e destancando nunha faceta que ata o de agora non era moi habitual: a de goleador, ollando de preto ao pichichi da categoría.
Falamos con él, para que nos conte como se sinte no seu novo clube,
FUTBOLINLUGO: Moi boas Aurelio. A UD Folgueiro está a facer unha gran campaña. Agardabades estar tan arriba na clasificación a estas alturas de campionato?
AURELIO: A temporada que estamos a facer é moi boa, e si tivésemos un comezo de liga un pouco mellor estariamos en postos de ascenso. A verdade é que sabiamos que tiñamos bo equipo, con varios xogadores que poderían estar noutra categoría, pero somos conscientes de que a presión por ascender téñena outros equipos. O que temos que facer é disfrutar e intentar estar ahí arriba durante toda a liga.
FIL: Cal cres que é a clave da boa temporada?
AUR: A clave é o grupo tan bo que temos. Estamos todos super comprometidos. Persoalmente é un dos mellores vestiarios nos que estiven. De todo isto é, sen dúbida, protagonista o noso adestrador que nos esixe o máximo en cada adestramento e xestiona o grupo dunha forma inmellorable.
FIL: Guitiriz, Pol, Burela, Lourenzá e Cabreiros. Moitos candidatos a logralo ascenso a Primeira Autonómica. Ves ao Folgueiro loitando con eles?
AUR: Como decía antes, o noso obxectivo non é o ascenso. A pesar de que non somos inferiores a ningún deles, os equipos que mencionas son os que teñen a presión. Nós temos que seguir disfrutando cada partido e ver do que somos capaces. Ogallá poidamos seguilo ritmo deles e manternos na loita ata o final de temporada.
FIL: Persoalmente, como te atopas xogando en Segunda Autonómica logo de tantos anos en Preferente co Viveiro?
AUR: A verdade é que estou moi contento. É unha categoría moi bonita e igualadada, na que hai que esforzarse moitísimo para facelo ben.
FIL: Sorprendido na túa nova faceta como goleador? Moi preto dos pichichis da categoría.
AUR: Somos un equipo que xeneramos moitas ocasións e facemos bastantes goles, polo que é máis fácil marcar. Os goles están moi repartidos, con xogadores como Kiños, Zeus, Iago…que tamén están destacando no aspecto goleador.
FIL: Parecía que o verán pasado ao deixalo Viveiro non ías seguir xogando. Que che fixo cambiar de idea e continuar cando menos este ano no Folgueiro?
AUR: O fútbol é algo que me gusta moito e sería difícil deixalo de golpe. Teño que recoñecer que o que máis me influiu para tomar a decisión de seguir foi Anxo, o adestrador.
FIL: O Viveiro no mesmo ano quedou sen ti, Erni, Rego…os seus referentes, tanto fubolística como socialmente. Como ves o teu ex equipo nesta complicada campaña?
AUR: A miña baixa xa a tiña clara desde metade de temporada. Erni e Rego foron temas diferentes. Persoalmente, eu prefería telos aos dous no Viveiro. Deportivamente, Rego é un dos mellores centrales da categoría, e Erni un goleador indiscutible, e ademáis son dous líderes que sempre tiraron do vestirario en momentos difíciles. Unha pena non contar con eles. O Viveiro está nunha temporada de transición na que debe ter paciencia. Hai xogadores como Arturo e Álex Paz que marcan e van marcar as diferencias e nos xuvenís veñen futbolistas de moitísima calidade. Agardo que non teñan ningún problema para salvarse.
FIL: É unha espiña non logralo ascenso a Terceira? Que faltou pra conseguilo?
AUR: A verdade é que traballamos moitos anos pra acadalo ascenso a Terceira e non conseguilo é unha espiña que sempre terei. Espero que non tarden moito en logralo.
FIL: Moitas grazas pola túa atención Aurelio
AUR: Grazas a vós.