Tres días para disfrutar do fútbol este fin de semana, que xa levanta hoxe o telón. Aquí o máis destacado, que se completará mañá co partido da xornada:

Preferente Norte

 – Ribadeo F.C. – C.F. Noia (Venres ás 16:30 horas nas Valgas): logo de acadar dez dos últimos doce puntos en xogo, os de Rafa Casanova buscarán un triunfo que os meta de cheo na zona de privilexio. Enfronte un claro candidato ao ascenso que non comezou a liga do mellor xeito.

– Viveiro C.F. – S.D. Dubra (Domingo ás 16:15 horas en Cantarrana): o líder recibe a un conxunto en apuros, pero diseñado para ocupar a zona alta da clasificación. Os mariñáns buscarán afianzalo liderato.

Primeira Autonómica

 – Chantada Atlético – Taboada C.F. (Domingo ás 16:15 horas no Sangoñedo): os chantadinos son o conxunto menos goleador da categoría e ocupan a  antepenúltima praza. Tentarán acadar un triunfo que se lles resiste desde a segunda xornada ante un Taboada que suma tan só un punto máis.

– U.D. Pastoricense – S.D. Burela (Domingo ás 16:15 horas no Acebreiro): os de Fran Veiga aínda non gañaron no Acebreiro, campo infranqueable ata esta campaña. Reciben a un Burela que suma tres empates consecutivos, e precisa un triunfo para achegarse aos postos de ascenso.

Segunda Autonómica

 – S.D.C. Cabreiros – A.C.D. Xermade (Domingo ás 16:15 horas na Cea): derbi entre candidatos ao ascenso. Os locales son segundos despois de acadar tres triunfos consecutivos, mentras que os da capital do concello, con tan só un punto menos tentarán arrebatarlle o posto.

– S.D. Paradela – C.D. Palas (Domingo ás 16:15 horas no Gandarón): o conxunto local non coñece a derrota e está no pelotón de cabeza. Cun punto menos, e tras catro encontros sen perder está o Palas, que parece disposto a situarse xa nos postos de privilexio.

Reto Iberdrola

 – Peluquería Mixta Friol – Zaragoza C.F. (Domingo ás 11:30 horas na Reigosa): as lucenses precisan dun triunfo que se lles resisten nas últimas xornadas se non queren caer aos postos de perigo, e co que celebrar a recenten convocatoria coa selección española promesas de Lucía Pardo. Enfronte un Zaragoza que conta con cinco puntos máis que as de Dani Guerrero.

Primeira División Galega Feminina

 – Peluquería Mixta Friol B – Arcadia E.F. (Domingo ás 17:30 horas na Reigosa): encontro entre conxuntos empatados a puntos e que chegan a este choque nunha dinámica moi semellante. Un triunfo local achegaría ás de Covi á zona media alta.

Liga Feminina Fútbol 7

 – S.D. Burela – S.D. Carral B (Sábado ás 18:30 horas no Anexo á Marosa): as mariñáns son líderes e contan os seus encontros por vitorias. Reciben a un conxunto que caeu derrotado nas dúas últimas xornadas.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Marcos Fernández

Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*