#Fútbol afeccionado #Anecdotario #Preferente Futgal

O anecdotario: «Os pirotécnicos da Cheda», por Kaiser

Pois para esta historia témonos que remontar ao ano 2009 cando eu xogaba no equipo infantil de Liga Galega da SDC Residencia. Compartía vestiario cun montón de compañeiros que agora xa son amigos.

Por aquel entón teño que dicir que eramos a maioría algo ‘trastes’ e varios adestradores sufriron cas nosas ocurrencias. Neste caso en especial, falo da época de entroido daquel ano. Na que acudimos ao adestramento cuns petardos escondidos na mochila.

Kaiser, Raposo e Adrián Rasilla eran parte daquela xeración da Residencia

Fixemos o adestramento normal como calquera outro día; pero ao rematar, xa no vestiario… Dous compañeiros tiveron a ocorrencia de tirar un petardo, dos que non se apagan coa auga, polo váter do vestiario 1 da Cheda. O resultado? Desastroso. O váter esnaquizouse e a auga inundaba o vestiario.

Ao ver iso todos apuramos para marchar de alí o antes posible. Nese momento abriu a porta Álvaro Meilán, o noso adestrador. E a persoa que máis ten sufrido con nós… Cando viu a situación cabreouse, como é lóxico, e soltou un: “Xa falaremos disto”.



Kaiser agora está no outro lado da historia

Á semana seguinte tivemos una reunión con él máis co presidente na que se pedía que saíran os culpables de tal destrozo. Foi entón cando as normas non escritas do vestiario afloraron por todos nós e ninguén soltou palabra, ou todos ou ningún. Sabíamos que nos esperaría un castigo pero tiñamos claro que o vestiario era sagrado e que ninguén podía delatar aos compañeiros.

Nos tres adestramentos de esa semana non se viu nin un só balón no campo da Cheda, debéranse perder… Creo que non fixemos tanto físico na nosa vida. Ao final co paso do tempo a cousa foise esquecendo pero ninguén delatou aos dous pirotécnicos.

A día de hoxe creo que Meilán aínda non sabe quenes foron os artífices, pero seguro que como home de fútbol que é; entendeu perfectamente que ese grupo de amigos que compartían vestiario remataron mais unidos ca nunca e que ata foi positivo este suceso. Ou iso espero…



Alberto Fernández Vidal ‘Kaiser’. Unha institución que pule os talentos da Cheda

O anecdotario: «Os pirotécnicos da Cheda», por Kaiser

O partido da xornada . . .

O anecdotario: «Os pirotécnicos da Cheda», por Kaiser

Diario dun mercado. Episodio 270

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *