A última xornada antes do Nadal déixanos grandes partidos tanto no sábado coma no domingo. Comezamos coa Primeira Galicia en Cerdeiriños. Partidazo entre Monterroso e Sarriana, dous aspirantes ao ascenso. Se non vos chista este plan, tedes un derbi capitalino na Ponte entre San Lázaro e Milagrosa. O domingo, novo derbi da Preferente: Polvorín-Outeiro. Ollo que será na Cheda. E antes disto, encontro histórico no Roca na División de Honra xuvenil. O Racing de Santander visita Vilalba.

SÁBADO

16.00 horas. Monterroso-Sarriana. Cerdeiriños. Primeira Galicia

16.00 horas. San Lázaro-Milagrosa. A Ponte. Segunda Galicia

DOMINGO

12.00 horas. Racing Villalbés-Racing de Santander. Estadio Roca. División de Honra xuvenil

18.30 horas. Polvorín-Outeiro de Rei. A Cheda. Preferente Norte

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*