Quizais sexa un tópico dicir que un equipo é unha familia. No caso do Quiroga non nos queda outra. Alí todos arriman o ombreiro. O presidente e o adestrador xogan. E buscan axuda onde faga falla para pintar liñas, limpar as bancadas, cortar o céspede… Unha familia en maiúsculas na que “se fai de todo porque isto é o fútbol” como di o adestrador Andrés Novoa.

O propio míster explícanos como se chegou ao éxito do ascenso. O primeiro a Segunda Galicia deste novo Quiroga, porque hai que recordar que nas montañas do Sur disfrutaron ata da Preferente. Pero xa se sabe que o despilfarro de cartos nunca trae algo bo!

https://www.cdlustore.com/13-equipaciones

“Dímolo todo dende o comezo. Viamos desde o principio que tiñamos xente de calidade, marcando as diferenzas. Iso sí a clave foi a unión”, sinala Andrés. O presidente Raúl Carballedo ‘Rachu’ engade unha máis: “ser regulares, fallar o menos posible”. Un equipo ao que “lle custa marcar goles” precisa facer “unha boa defensa”. “Logo xa se roubas e metes un gol, faste forte”, indica o emblemático presidente-porteiro do Quiroga.

No que coinciden todas as partes implicadas é no baixón que pegou o equipo no inverno. Dámoslle voz a Álex Mondelo, un dos capitáns, que o deine a perfección. “Foi unha temporada de altos e baixos. Podiamos ter o ascenso en inverno e tocounos apretar ata ao final para acadalo. Por xaneiro quedámonos moi xustos, foi complicado. Eramos un equipo curto de xogadores e sumáronse lesionados por enriba”.

No entanto, o adestrador pensa que esta circunstancia no fondo consolidou ao seu conxunto. “Hai épocas mellores e peores. Canso superas os baches, as dificultades unen ao equipo”, comenta.

Agora é o momento de disfrutar do ansiado premio, da nova categoría. “É un fito histórico, xogaramos tres eliminatorias de ascenso previamente e nada. O fútbol debíanos algo”, sincérase Rachu. O propio presidente é consciente da dificultade da Segunda Galicia. Vai subir o nivel. Agora xogámonos cousas. Aquí hai descensos e na Terceira, non. Hai que sumar uns 40 puntos para evitar arrastres e a intensidade é outra”.

Por outra banda, Andrés Novoa pensa que “traballando e co grupo unido”, tanto ten que sexa Segunda ou Terceira. “Logo será o nivel futbolístico o que nos poña no lugar que corresponde”, esboza. Un nivel futbolístico que se incrementa para esta campaña coas fichaxes realizadas. “Xente da comarca que chega nun esforzo da directiva”, sinala Álex Mondelo. Un capitán que ve estas incorporacións coma “un golpe de calidade para manterse en Segunda”. Porque a filosofía está máis que clara. “Recuperar a xente do pobo para xogar. Hai que centrarse en xente de aquí aínda que sexa difícil por estudos e traballo. Son os que teñen que xogar”. Palabra de Andrés Novoa, palabra de adestrador. Un discurso que ogallá se repetise moito máis na provincia.

Comparte
                        

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*