Comezou unha nova tempada na Terceira Rexional. E faino con cambios no noso particular resumo semanal. Dos Sobranceiros Futbolinlugo pasamos ao Tres en Raia. Tres xogadores destacados por cada posición principal no campo. Ampliamos a capacidade de máis xogadores de ser protagonistas da semana. Tres porteiros, tres defensas, tres centrocampistas e tres atacantes serán os seleccionados cada xornada. Ademais de comentar algúns aspectos que deixen os encontros.

A tempada comezou na zona norte co triunfo do Fonsagrada sobre o Nuevo Nausti. O equipo fonsagradino colócase como primeiro líder despois de gañar sen problemas no José Luis Parga. Lucas viviu a súa gran tarde con catro goles. Ademais foron os catro primeiros tantos dos seus no choque. Na segunda posición meteuse o Rioaveso. Venceu a Comercial no seu particular exilio na Fonte de Cospeito. Paraños está verdegando. O gardamallas Christian salvou o seu equipo nun momento difícil. Ángel foi outro dos grandes destacados. Saíu dende o banco pola lesión de Álex Veiga. Marcou un gol, deu un pase e provocou un penalti. Estrea na liga ao grande do xogador de Loentia.

A SD Viveiro entrou con bo pé na súa estrea na categoría. Venceu nun dos campos complicados da división. Derrotou ao Cazás no Catro Ventos. O Catro Roldas tivo que remontar para meter no saco os primeiros tres puntos da temporada. Foi na recta final do seu partido ante o Lugo Unión. A entrada de Forlín foi unha das chaves. Seu foi o gol que supuxo momentaneamente a igualada cun lanzamento de falta. O Celeiro tivo que trocar de escenario nos días previos ao seu encontro co Friol B. O xabaril entrou e fozou algunhas zonas do campo de Galdo que o deixaron imposible para a práctica do fútbol. Invertiuse o orde e xogaron na Reigosa. O filial friolés venceu pola mínima cun gol de José. O Celeiro estivo no encontro en todo momento, pero condenounos un erro defensivo.

O Matela descansou esta xornada por mor da inexistencia este curso do Valadouro. E o Castroverde descansou no sur.

No grupo sur, o primeiro líder da campaña é o Antas. Venceu con claridade ao Relámpago Taboada. Aínda así, os visitantes tiveron unha ocasión que petou no pau e que os puido meter no partido. Na segunda posición atópase o Taboada B. O filial derrotou ao Carballedo na estrea dos visitantes na competición regular. E no regreso do adestrador Txiki a que foi a súa casa.

Empezou con bo pé o Sporting Lucense. Venceu por dous goles ante o filial do Monterroso. E tamén sumou os tres puntos a Milagrosa. Foi fóra da casa ante o Lemos B. O gol de Anxo resultou decisivo. Non pasaron do empate o Sober e o Rubián. Marcaron dous goles cada un. O Sober remontou momentaneamente o partido. Pero Luisito volveu igualalo. Xa maracara tamén o primeiro dos seus.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Redacción Futbolinlugo

Redacción Futbolinlugo

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*