Coa proximidade do novo ano pídense moitos desexos. Seguramente os bos xa estean collidos, por iso nós imos pedir un para antes de que remate o ano. Un desexo que depende de vós para que se cumpra. Estamos preto de chegar a unha cifra redonda no noso número de seareiros na nosa páxina de Facebook: 2000. Pero queremos ir un pouco máis aló e, aproveitando a data, queremos darlle a benvida ao novo ano tendo 2019 gústame en Facebook. Ademais se nos axudas poderás levar premio. Hai dous xeitos de colaborar:

Se xa che «gustamos»

Podes compartir a publicación para animar á xente a que se sume, comentar no enlace da noticia no Facebook mencionando a algunha amizade ou simplemente comentando algo para que a publicación gañe en popularidade. Tamén podes compartir o enlace e mencionar a nosa páxina de Facebook.

Se aínda «non che gustamos»

O primeiro que debes facer é darlle a gústame a nosa páxina de Facebook. E despois xa podes facer o que comentamos anteriormente.

Entre todos os que nos axudades sortearemos unha entrada dobre para o Racing Vilalbés – Racing de Ferrol deste sábado ás 16:15 h na Madalena. O cadro chairego buscará conseguir a segunda vitoria consecutiva ante un dos equipos máis fortes da Terceira Galega. O encontro correspóndese coa última xornada do 2018 e penúltima da 1ª volta. Ademais, tamén sortearemos un par das Guías que marcaron para nós este 2018 que está rematando.

A data límite para o concurso das entradas é o venres ás 15:00 h
Para o sorteo das guías ata o domingo ás 23:59

Comparte
         

Sobre o autor Ver todos os posts

Redacción Futbolinlugo

Redacción Futbolinlugo

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*