Chegou o día. Despois de tanto tempo na miña cabeza por fin ‘o bebé’ ve a luz. Mesmo se realizou un Proxecto Fin de Carreira sobre Futbolinlugo! Quizais estea un pouco tolo. Non o vou negar. Porén os soños hai que alimentalos. E por traballo, ilusión e ganas non vai ser.

Polo camiño fun atopando moitos amigos que me botaron unha man para sacar isto adiante. Eles xa saben quen son, e nunca me cansarei de agradecerlles todo o que fixeron e fan por min. A dous especialmente. O creador do logo orixinal e o do actual. Sei que prefiren o anonimato. Así que respetareino.
Ao igual que tampouco nos cansaremos de valorar e animar a toda esa xente que colabora na sombra ou simplemente nos contesta ás chamadas e Whatsapps para facilitarnos a nosa curiosidade e ganas de xerar contidos frescos e novidosos. E digo ‘nosa’ porque polo camiño sumáronse dous tipos espectaculares. A súa cara será coñecida dende xa para todos vós. Refírome a Don Iván ‘Calaza’. Ese que canta os resultados no Galicia en Goles. Un auténtico fenómeno. Xa o veredes. E a Don Santi Real. Un home que respira fútbol por todos os lados, traballador incansable e que coñece todo o noso habitat balompédico como a palma da man.
Nolos tres, xunto con Xabi Piñeiro (o creador desta magnífica web que estades vendo), somos só unhas pequenas pezas dunha comunidade onde vós sodes os verdadeiros protagonistas. Porque sí, o fácil era falar de Cristiano e de Messi. Aquí non caerá esa breva! Xa os adoran bastante e cobran de máis. Todo o contrario que os nosos futboleiros. Os nosos seguidores e ‘obxeto de traballo’.
Sí, eses xogadores que non ven un euro e súan os días que faga falta á semana por salvar ao seu equipo do descenso. Ou os que soñan cos ascensos tamén. Eses milleiros de pequenos que nutren a nosa base e que fan malabares para facer deberes, adestrar e incluso convencer aos seus pais de que os leven á hora que dice o adestrador ao encontro. Sabemos que non sodes todos. Outros semellades taxistas. Achantades e poñedes o coche á hora que manda o cativo. A todos esos: Grazas por facer do fútbol algo tan grande!
Tamén aos adestradores que tampouco vislumbran un can e chegan ao campo cun sorriso e centos de sesións preparadas a conciencia. Aos utilleiros que deixan o seu tempo libre os domingos ás nove da mañá. E que dicir dos presidentes que adican máis tempo ao seu clube que ao seu traballo! E de maneira altruista! E sobre todo eses afeccionados que agardan a fin de semana coma auga de maio. Para desfrutar de entre 60 e 90 minutos dos seus héroes. Os que lles axudan a saír da rutina e alimentar a súa felicidade. Falar de toda esta xente sí que é difícil. Aínda que son eles os que merecen este recoñecemento que ninguén se atrevía a dar. Aceptamos o reto! Pedimos perdón de antemán porque sabemos que nos equivocaremos. Ei, que tamén acertaremos! É parte do xogo.
Se aínda non vos cansastes de ler sobre esta toleada  é que xa sodes parte desta comunidade. Sí, COMUNIDADE. Non queremos consumidores de letras e fotos. Senón xente que interactúe. A vosa opinión importa e moito. Toda suxerencia e queixa sempre será recibida.
E non me enrollo máis. Agardamos que disfrutedes tanto coma nós desta bendita locura do noso fútbol. Ese motor esférico que move os nosos días nesta maravillosa provincia. Benvidos á vosa casa! BENVIDOS Á FUTBOLINLUGO!
Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*