Undécima xornada na Primeira. Todas as crónicas e os Máxicos da xornada, aquí:

*Pastoricense-Outeiro de Rei: Un dos partidos da xornada en canto a emoción e alternativas no marcador. No tramo inicial, ambos conxuntos intercambiaron golpes en forma de goles dende o saque dende o curruncho. Un ordenado Pastoricense adiantouse de novo antes do descanso. Na reanudación, o contragolpe dos de Fran Veiga cedeu ante o dominio do balón visitante. Iso sí, este triunfo do Outeiro labrouse a pelota parada. Un novo saque de esquina e un penalti permitiron a remontada dos de Josito Jul.

*Guntín-Chantada: Polémica arbitral nun choque que non se decidiu ata o desconto. O marcador non se moveu nunha primeira parte de alternativas. Tras o descanso, Palle puxo o 1-0 coa axuda da espalda do meta visitante ante un Chantada moito máis cómodo que no primeiro acto. Os de Juan Rodríguez volcáronse de aí ao final en busca do empate. Unha igualada que chegou cun gol pantasma de Manuel na prolongación.

*Castro-Riotorto: Encontro equilibrado nun Arturo Pereiro co terreo de xogo bastante danado. A pegada do Riotorto marcou as diferenzas ante un Castro moi serio. Os goles chegaron nos últimos vinte minutos de partido. Os dous tantos, con apelido Roca (Chisco e Dani) e prácticamente consecutivos, mandaron na Chaira.

*San Roque-Burela: Emocionante duelo de alternativas en Montirón. No que o San Roque comezou mandando cun tanto de falta de Sebas. A reacción do Burela foi fantástica, poñendo o 1-3 antes do descanso. Con soberbio chicharro de David Ben incluido. Na reanudación, os capitalinos apretaron pero só puideron recortar as diferenzas cun tanto de Borja. O colexiado anulou dous goles e expulsou a dous membros do corpo técnico burelao.

*Atlético Escairón-Folgueiro: Resultado enganoso nun partido con anécdota desagradable. O Folgueiro, plagado de baixas, rematou con dez xogadores ao marearse un efectivo tras chocar cun compañeiro. Despois de pasar unhas horas en observación no Hospital de Monforte, todo quedou nun susto. No relativo ao trato da pelota, o Escairón marcou pronto. E relaxouse ante un Folgueiro que estivo de cheo no partido ata a hora de xogo. Aí, os de Montoto certificaron a súa superioridade e remataron goleando. Miguel Montoto firmou un doblete.

*Pol-Xove Lago: O maltreito céspede do Manuel Luna provocou problemas de adaptación a ambos equipos na primeira metade. O que máis preto estivo do gol foi Juanjo Coello. Porén o protagonista deste encontro, ía ser outro dianteiro. Carlitos firmou un doblete no segundo tempo, despois de dúas boas accións individuais de Rois e Iván González. O Xove plantou cara ata o final e marchouse sen marcar, a pesar de contar con oportunidades claras no tramo final.

*Chantada Atlético-Lourenzá: Necesario e merecido triunfo chantadino ante un Lourenzá irrecoñecible. Anxo abriu pronto a lata para un conxunto que xa mandaba por 2-0 á media hora de xogo. Na segunda metade, os laurentinos arriscaron cunha presión alta. O Atlético aproveitou os espazos e sentenciou con tantos de Ivi e Adri. O meta xuvenil Anxo debutou nos locais, que contaban con baixas notables.

*Friol-Taboada: Jon Vázquez despediuse do banco da Reigosa cunha cómoda vitoria ante o Taboada. O cadro de Manu, con varios efectivos do seu filial e cheos de baixas, sucumbiu ante un rival en liña ascendente. O Friol marcou no primeiro minuto de cada unha das dúas partes. Entre medias, Omar firmou un soberbio man a man. O propio Omar e Bruno marcháronse lesionados no día no que o eterno Viusky debutou nesta campaña.

*Monterroso-Santaballés: O Anexo de Cerdeiriños certificou a condición de ‘rocoso’ de ámbolos dous conxuntos. A mellor posta en escena do Santaballés resultou decisiva. Dous goles de Dani San antes da media hora, cheos de calidade, encarrilaron o partido para os de Dani Moirón. O Monterroso nunca se deu por vencido. Competiu ata o pitido final. A pesares de que xogou un bo número de minutos con nove xogadores polas expulsións de Crespo e Cañón, o autor do único tanto local. Pelao sentenciou no remate cun gol do que é: un auténtico killer.

Comparte
                           

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*