Doce anos fóra do grupo galego da Terceira División… Tras pasar catro tempadas no castelán-leonés, catro no aragonés e catro actualmente no rioxano podo decir que cheguei a coñecer ben estes grupos. A miña primeira parada tras saír do Viveiro C.F foi ó Norma CF de Soria. A verdade é que non me custou a adaptación.  A maior diferenza que encontrei en relación a Galicia foron os adestramentos posto que de catro á semana pasei a tres e isto seguiu en Aragón e na Rioxa. A maioría dos equipos adestran tres días e iso nótase. O nivel é bastante parello, dependendo  tamén da tempada que seña e os equipos que militen ese ano. Recordo unha tempada en Castilla con un gran Mirandés, Segoviana, Ávila, Arandina, Bembibre… 

Certo é que se está mellorando moito en infraestructuras a nivel xeral. Cada vez é mais dificil ver campos impracticables. A aparición dos terreos sintéticos axuda moito a elaboración dun bo adestramento ou partido. Recordo partidos na Terceira galega no que o pase máis curto que se chegaba a dar era de trinta metros. En Aragón por exemplo a maoiría de equipos xogan en superficie artificial.
Actualmente resido en Calahorra dende fai catro anos e tras pasar polo Calahorra, Arnedo e River Ebro esta tempada defendo as cores do Agoncillo disfrutando coma un neno deste deporte que me deu a oportunidade de coñecer media España e multitude de amigos. Sempre sigo dende a distancia ó meu Viveiro e o CD Lugo que foron os equipos nos que me formei. A verdade é que sempre tiven a ilusión de retirarme no Viveiro pero a día de hoxe por motivos laborais non vai poder ser.

Sen máis agradecer a futbolinlugo.es que se puxera en contacto conmigo, para min é un pracer que despois da máis dunha década se acorden de min. GRAZAS.

Ramón González ‘Molo’, vivariense e xogador do C.D Agoncillo da Terceira Divisíon Rioxana.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*