Esta victoria significa para o grupo unha inxección de confianza. Xa que ata agora non estabamos conseguindo resultados a pesar dos esforzos que estabamos a facer.

Neste partido fixemos un traballo serio nun campo difícil, tanto pola situación que estabamos respecto o rival como polo estado de terreo de xogo, que estaba anagado de auga. No caso personal, despois deste partido volvo coller confianza despois de volver dunha lesión, mantendo a portería a cero (algo que non conseguira en todo o ano).

A partir de agora vexo que se seguimos coa actitude mostrada neste partido imos conseguir manter a categoría, xa que temos enfrentamentos contra todos os rivais directos, se somos serios e traballamos podemos competir e sacar resultado contra calquera.

O peor desta xornada foi que se volveu lesionar un compañeiro, Manuel, quen tivo unha lesión grave pola que se perderá o resto da temporada. Algo que este ano está sendo por desgracia habitual, xa que son varios os compañeiros que se perderon gran parte da temporada por esta causa, algúns de longa duración.

Jacobo Rivas Val, xogador e un dos capitáns do Alfoz.

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*