A finalidade de calquera competición é gañar ao rival, pero non deberíamos convertir as categorías nas que nos encontramos en profesionais. Paréceme certa irresponsabilidade por parte da xente que dirixe neste deporte buscar gañar por enriba de calquera cousa.

Gañar ( e mira que me gusta ) hai veces que se convirte nun virus. E chámolle así porque buscamos a vitoria moitas veces a través de conductas poucos deportivas e éticas.

Ás veces convertimos esto nun sin sentido, olvidando o fair play. Sen embargo, queremos vender o fútbol como un exemplo de valores, e estamos lonxe a miúdo. Paréceme xenial que un adestrador busque que o seu equipo se esforce, que pelexe pero sen necesidade de ‘triquiñuelas’ nin moito menos xestos violentos.

Penso que o respecto aos rivais debería manterse en todo momento independentemente do resultado dun partido. Deberíamos entender e tolerar máis entre nós (esto aplicariao a moitos máis aspectos da vida). 

Se traballamos aspectos técnicos, tácticos, físicos… por qué non traballar valores como a humildade, amizade, solidariedade, respecto, etc?

Aquí queda a reflexión de alguén que lle encanta gañar, pero non a calquera prezo.

Grazas a todo o equipo de Futbolinlugo por darme a oportunidade de dicir unhas palabras. E polo traballo que fan todo o ano. Sodes un luxo para nós.

Raúl Sanjurjo Luaces. Xogador do Pastoricense, pulmón de equipo.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*