Ola, un saúdo a todos os futboleiros/as. En primeiro lugar agradecervos o feito de contar conmigo para poder participar neste artigo sobre o fútbol.
Vou iniciar cunha reflexión sobre o noso fútbol base, o cal ten, dende o meu punto de vista, un papel moi importante no porvir do fútbol lucense. Debemos ter en conta que é bo que calquera rapaz ou rapaza de corta idade se inice na practica de calquera deporte para así realizar unha actividade física e levar unha vida sá. Aprender uns valores e seguidamente levalos a cabo ao longo da súa carreira deportiva, a cal sexa a maior ou menor escala, e continuar mostrando eses valores durante o longo da vida xa como adultos.
Eses valores aos que fago alusión son, dende o meu pensar, o respecto e o compromiso. Nestes conceptos teñen gran importancia as familias dos deportistas na súa educación e no saber reflectir eses valores. Pero tamén os adestradores que, ademais de ser técnicos a nivel deportivo, son educadores (sobre todo en categorías base), continuando así a labor que fan esas familias tanto na casa como nos campos de fútbol. Dando o seu apoio aos seus fillos pero sempre dende o respecto, tanto a colexiados, compañeiros de vestiario como a adversarios, xa que a fin de contas, somos todos DEPORTISTAS.
A nivel persoal, logo de estar disfrutando 26 anos deste marabilloso deporte que é o FUTBOL, continuo coa mesma ilusión e gañas como cando era cativo. Esto débese a que deses 26 anos, 23 estiven vinculado no mesmo club, a SDC RESIDENCIA, onde sempre me sentín moi a gusto. Neste aspecto tivo moito que ver os compañeiros cos cales compartín vestiario durante estes anos xa que, a parte de xogar o fútbol, somos unha gran familia e compartimos grandes vivencias tanto no terreo de xogo como fóra del. O futbol é un deporte no cal sociabilizas moito e te levas grandes amigos, de aí a importancia que ten a práctica dun deporte colectivo.
E para rematar, a nivel deportivo, este ano a ver se podemos acadar o obxectivo da salvación. Competir para quedar o máis arriba posible na táboa e que a RESI poida continuar un ano máis na Rexional Preferente, categoría bonita pero moi competida.
Un saúdo a todos.
Carlos Raposo. Capitán da Residencia, todoterreo do verde.