Este artigo de opinión, basado na miña experiencia como adestrador de fútbol base durante case vinte anos en varias categorías, trata da importancia que ten no fútbol de iniciación e formación o chamado ‘Triangulo Deportivo’. Formado polo xove xogador, os pais e o adestrador. A boa relación entre as tres partes é vital se queremos conseguir o obxectivo marcado, que non é outro que a formación do xove deportista como xogador e como persoa.

Para o adestrador unha das pezas claves para o éxito é súa relación cos xogadores e o seu entorno, neste caso voume centrar nos pais. A miña experiencia como adestrador de base dime que é bo delimitar delimitar o papel dos pais no equipo. Ter unha charla con eles para explicar, informar e aclarar o que queremos que aporten eles para o ben do seu fillo e do equipo. O seu papel será importantísimo porque non debemos olvidar que os pais son o maior referente para os seus fillos e un espello onde mirarse, para o bo e para o malo. Por iso os pais deben apoiar, animar e preocuparse máis por se o seu fillo se divirte e progresa que por si gañou, perdeu, xogou áais ou menos, marcou ou non gol…

En todos estes anos encontreime con pais de tódolos tipos: uns ‘moi críticos’, que reforzaban pouco e metíanse na labor do adestrador, pensando que así axudaban ao seu fillo e o único que conseguían era prexudicalo e confundilo. Outro tipo de pais podíamos chamarlle ‘despreocupados’, que mostraban pouco ou ningún interés pola evolución do seu fillo e non recoñecían a labor do deporte e non soían acudir a adestramentos nin a partidos nin a reunións. Logo están os que podíamos denominar ‘demasiado implicados’, que o único que fan é protestar, criticar e non paran de vociferar durante os partidos. Nalgún caso con insultos e algo máis… (intolerable). Por suposto que tamén me encontrei con pais que vamos a chamarlle ‘ideais’, a inmensa maioria, que apoiaban e animaban o seu fillo, asistían os partidos e preocupábanse pola evolución do seu fillo na actividade deportiva. Os adestradores debemos ter en conta as boas intencións e as preocupacións dos pais para que así apoien aquelo que nós queremos por en práctica.

Algo que me parece importante nestas edades é a idea do éxito e do fracaso (vitoria ou derrota), e a diferenza que debe de existir entre o fútbol base e o sénior. Igual que o éxito non é gañar partido, o fracaso tampoco é perdelos. Os nenos/xogadores, tanto adestradores como pais, temos que inculcarlles que nunca se sintan ‘perdedores’ si se esforzan, fan todo o posible por facer as cousas ben e ven que pouco a pouco van evolucionando. Os valores que adestradores e pais deben inculcar son coñecidos por todos: deportividade, respeto, compañeirismo, responsabilidade, esforzo, constancia, traballo en equipo, solidariedade, tolerancia, humildade…

Gustaríame tamén tratar o tema do ‘abandono deportivo’ no fútbol base, centrándome só no abandono obrigatorio polos malos resultados académicos do neno/xogador. E quero destacalo porque me pasou en varias ocasións e o resultado foi sempre o mesmo… Unha das solucións que os pais atopaban para que os seus fillos, ante as malas notas escolares, melloraran estas; era sacarlles o fútbol porque saben que é o que máis lles gusta. Pensando que así mellorarian os resultados académicos. Na maioría dos casos nada máis lexos da realidade e nalgún caso, eses resultados empoararon. Polo tanto, cheguei á conclusión que ese tipo de castigo non funciona para nada, esa non é a solución.

Baixo a miña humilde opinión sería moito mellor buscar outro tipo de solucións que sexan máis eficaces. Como, por exemplo, o diálogo co adestrador. Que o adestrador esté ao corrente da situación académica do xogador e entre todos buscar unha solución eficaz para que o neno mellore as súas notas sen ter que deixar de facer deporte e sen prexudicar aos seus compañeiros e ao seu equipo. Que o adestrador, de acordo cos pais, sexa o que impoña o castigo. Algo que se pode facer, e que eu puxen en práctica con bos resultados. E, por exemplo, que o neno pase algún partido sen xogar ou sen ir convocado ou a parte dos adestramentos durante un tempo ou algún día, etc. Estou totalmente en contra deste remedio, que non é remedio porque; entre outras cousas non funciona. Quitándolle o fútbol, o único que se consigue é que o neno/xogador deixe de facer deporte, colla outros malos hábitos e siga cos mesmos ou peores resultados académicos.

Por outra parte hai algo no fútbol base que me parece o máis importante de todo: o nivel dos adestradores no fútbol base. Hoxe en día menos, pero ata fai moi poucos anos, os clubs que traballaban coa base tiñan a maioría de adestradores sen titulacións e sen formación algunha. Que poñen todo da súa parte e o fan o mellor que poden, pero nestas edades hai que fiar moi fino. Estamos a traballar con material fráxil e, sobre todo, temos que ter moi claro que é o que non podemos facer para non prexudicar a progresión e evolución do neno/xogador. Por eso penso que no fútbol base é onde debería ser obrigatorio adestradores con titulación. E non iso de que para adestrar a nenos vale calquera. Pois non, non vale calquera!

Ser adestrador de fútbol base conleva unha gran e bonita responsabilidade. O deporte nestas edades é moi beneficioso, Para elo temos que preparar a actividade deportiva de maneira adecuada e planificada. Xa que, entre otras cousas, no fútbol base si se pode planificar. A diferencia do fútbol sénior (categorías rexionais) que máis que planificar é improvisar. Por iso eu sempre me sentín máis satisfeito e realizado como adestrador de base que como adestrador de equipos senior (1ª Autonómica, Autonómica Preferente…). Probablemente as autoridades e institucións deste país terían que pensar un pouco máis no deporte de base. En xeral dotando de máis medios aos clubs para seguir corrixindo algunhas carencias.

Para ir rematando quixera agradecer ao CP Calasancio de Monforte a oportunidade que me deron. Alá fai uns cantos anos, de empezar a miña carreira como adestrador e de seguir formándome. Foron como case que 18 anos neste club, en case que tódalas categorías e na escola de fútbol. Foron moitos os xogadores que pasaron polas miñas mans e de todos eles teño un bonito recordo. Sen eles estaría perdido, gracias tamén.

Por suposto aos que estiveron ao meu lado e me axudaron a ser mellor: Chura, Mario, Julio, Juan Carlos… Que lles estou moi agradecido. Tamén aos delegados que tiven. Entre eles Mosquera, Miguel, Óscar, Pereira… A tódolos presidentes que tiven agradecerlle a confianza que depositaron na niña persoa. E non podía rematar esta tanda de agradecementos sen nombrar a dúas persoas que significaron moito nos meus inicios e siguen significando na actualidade: Juan Rodríguez (Fabeiro) e Ramón Rodríguez Buján (Ramoni). Foron vitais na niña estancia neste club, sempre axudando, sempre animando e aconsellando. Facendo todo moito máis agradable e fácil. Dous auténticos fenómenos no apartado deportivo e humano, e aos que tanto o CP Calasancio, o pobo de Monforte e o deporte de toda a comarca ten que estarlle moi agradecido polo traballo desinterasado, que xunto con outras persoas, levan realizando durante moitos anos.

Esta longa experiencia no fútbol base e mási concreteamente no CP Calasancio tamén me deu a oportunidade de adestrar á Selección Provincial Sub-14 e Sub-16. E de darme a coñecer e a adestrar a equipos sénior da comarca en 1ª Autonómica e Preferente, como o CF Ferreira, Club Lemos e Atlético Escairón, nos que a aprendizaxe tamén foi moi enriquecedora.

Para rematar un lema que para min ten un significado moi profundo e di moito: “SEN ESFORZO NON É POSIBLE NINGUNHA META NESTA VIDA. O QUE VALE, O QUE MERECE A PENA ESIXE DEDICACIÓN, CONSTANCIA, TRABALLO E ESFORZO”.

Un saúdo a todos e parabéns a Futbolinlugo polo gran traballo que fan polo fútbol lucense.

Miguel Ángel Rodríguez ‘Míchel’. Adestrador referente nas Terras de Lemos

Comparte
                                       

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*