Resultados última xornada Segunda Galicia (equipos que tiñan opcións de ascender)

Burela 4-0 Ourol

Pol 4-0 Iberia

Folgueiro 6-0 Meira

Chantada Atlético 3-0

San Lázaro 6-0 Oural

A derradeira xornada do mes de abril resolveu parte das incógnitas nas competicións regulares na Primeira, Segunda e Terceira Rexional. A falta de tres xornadas para que remate a Primeira, os ascensos xa quedaron sentenciados coas vitorias de Sarriana e Foz e os dous equipos son xa de Preferente. Máis información sobre toda a xornada o martes na nosa web cos nosos destacados da categoría.

 

Na Segunda Galicia, Burela, Pol e Chantada Atlético acompañan o Friol no ascenso á Primeira. Ningún dos candidatos fallou no último enfrontamento da fase regular, polo que non houbo cambios na parte alta da clasificación. Máis información o mércores na nosa páxina web cos nosos onces da xornada.

Final ascenso á Segunda: Ida: Muimenta 1-1 Guntín

O novo formato da Terceira Galicia deixou para o último tramo da competición unha final a dobre partido co premio de subir de categoría. Muimenta e Guntín procuran seguir os pasos do Corgo, Incio, Goiriz, Comercial e Cervo que xa teñen o seu ascenso no peto. Polo momento todo é unha incógnita despois dun primeiro partido con goles, unha expulsión e unha chilena que petou no longueiro.

Adiantouse o conxunto local no primeiro cuarto de hora de encontro por medio de Miguel Morán. O balón colgado dende a esquerda rematouno Miguel só de cabeza á esquerda da portería visitante. Era a primeira gran ocasión duns corenta e cinco minutos igualados e sen grandes oportunidades.

Na segunda metade comezou apretando o Guntín. Unha das accións máis salientables do encontro chegaba o comezo do segundo acto no que o recén entrado Saad Mohamed rematou de chilena dentro da área e o seu lanzamento petou no longueiro. A resposta chegou rápida por parte do cadro chairego cun zurdazo de Edu que o porteiro visitante enviou a saque de recanto cunha gran intervención. Máis tarde o xogo estivo detido pola lesión de Matías, que tivo que retirarse do verde. Na reanudación, o equipo visitante empatou o encontro despois de que Saad patease un córner e ninguén conseguise despexalo balón dentro da área.

O encontro volveu cambiar minutos máis tarde coa expulsión do meta Pablo Castro que deixou ao Guntín cun menos nos últimos vinte minutos. Aínda así, o cadro visitante aguantou a insistencia rival e xerou perigo nalgunha xogada a balón parado para marcharse cunha lixeira vantaxe no partido de volta. A final queda moi aberta e resolverase a vindeira fin de semana.

Comparte
                           

Sobre o autor Ver todos os posts

Iván Calaza

Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*