Ano novo, tolería nova! Así vos somos en Futbolinlugo. O que sí, desta vez fainos especial ilusión anunciar a creación que temos entre mans. Xa que foi ideada por un dos nosos seguidores e se levará a cabo man a man cuns bos amigos. Sen máis dilación, temos o pracer de anunciarvos o I Ranking de Pádel Futbolinlugo. Unha competición que responde á principal máxima coa que naceu esta web. Crear unha verdadeira comunidade futboleira, na que os estamentos e as categorías quedasen a un lado. Para así poder disfrutar todos xuntos.
Explicamos a iniciativa. Queremos crear unha Liga de Pádel cun mínimo de doce equipos (de dous ou tres integrantes en cada un), unha Liga única do noso fútbol. E todo elo nas novidosas instalacións de Lucus Pádel (seis pistas a estrear no barrio das Gándaras da capital lucense que se poden ver no video), que abrirán ao público neste mes de xaneiro. O funcionamento é moi sinxelo. Precisamos equipos de xente do balompé lucense. Xogador@s, adestrador@s, colexiad@s, delegad@s, directiv@s… Unidos en función do seu clube (pode haber varios equipos por clube), para competir os uns contra os outros na mesma categoría salvando as distancias entre a Terceira División e Terceira Galicia con catro palas e unha pelota de por medio. De xeito lúdico, como nos gusta.
Garantimos un mínimo de dez partidos e fin de festa final, cun play off nun sábado ou domingo de xuño. O mellor de todo é a flexibilidade horaria, xa que sabemos as dificultades de todos para conciliar a vida laboral e o ocio. Cada xornada terá dez días de marxe para disputarse, poñéndose os dous contricantes dacordo na data e horario a elixir. Vós elixides a hora do voso encontro (sempre e cando haxa disponibilidade de pistas). Todas as facilidades do mundo!


A composición deste Ranking, quedará en función do número de equipos inscritos. Cantos máis, mellor! Por iso, todos os que estedes interesados pregámosvos que nolo fagades saber nos próximos días. Deste xeito, podedes cubrir a seguinte folla de inscripción antes do próximo venres 24 de xaneiro, e enviárnola ao noso correo futbolinlugo@gmail.com. Nós xa facemos o resto. A idea é comenzar a competición a principios de febreiro. O custe por persoa será de 25 € de inscripción máis 5 € cada encontro (en función do número de partidos a xogar finalmente) e todos os participantes recibirán unha camiseta de recordo e agasallo.
Agardamos contar con todos vós! E xa vos adiantamos que Futbolinlugo terá o seu equipiño. Se vos gusta este deporte e queredes disfrutar dunhas instalacións de última xeración, esta é a vosa Liga. Aquela na que o Racing Villalbés pode perder co Catro Roldas e a Residencia co Lugo Unión. A maxia do noso fútbol nunha pista de pádel! Feliz ano e Feliz Día de Reis! Seguimos!
