A Terceira Rexional leva máis dun mes hibernando. Vai espertar esta fin de semana co regreso da competición no grupo norte e no sur. Farao, por exemplo, cun derbi municipal. O Celeiro volve ter compañía de equipo viveirense. Esta sábado xogará ante a SD Viveiro, un dos grandes protagonistas no tramo inicial de liga. Antes de todo iso, lemos en Futbolinlugo o que lle piden os equipos da Terceira para este 2020 que non fixo máis ca empezar. Facémolo por orde clasificatorio en cadanseu grupo:

Grupo Norte:

Nico Longhini (adestrador Fonsagrada): Poder seguir medrando como equipo e festexar cando remate a temporada.

Pablo Iglesias (adestrador SD Viveiro): Que podamos seguir desfrutando de xogar ao fútbol competindo cada fin de semana independentemente da categoría na que nos atopemos.

Pedro Rodríguez (capitán Matela): Poder seguir competindo para a temporada que vén porque cada vez o poñen máis difícil. Parece que queren acabar cos equipos dos pobos. Tamén pedimos sufrir as mínimas lesións posibles porque estas últimas tempadas estannos condicionando bastante.

Javi Pájaro (adestrador Friol B): Seguir igual ca o ano pasado e loitar por unha praza de cara ao ascenso.

David Lorenzo (adestrador Catro Roldas): Consolidar o bo grupo que se formou (despois dos cambios de final da campaña pasada), que nos respecten as lesións e que desfrutemos e compitamos o mellor posible.

Manuel Veiga (adestrador Rioaveso): Que o equipo siga unido e competindo como ata agora. O resto é indiferente.

Ángel Franco (capitán Cazás): O noso gran desexo sería subir, pero conformámonos con meternos en play off, non ter lesións graves e seguir tomando cañas todos xuntos como ata agora (máis baratas se pode ser).

Martín Rodríguez (adestrador Celeiro): Pelexar con todas as ganas e ilusións polo 6º posto. Recoñecer que non fixemos unha boa primeira volta e tamén desfrutar por fin doutro derbi no pobo que non había dende as desaparicións de Sacido e Galdo. Agora volve coa SD Viveiro que é o favorito por xogar na casa e a boa temporada que está facendo. Este sábado a desfrutar do derbi e empezar a pelexar ese mesmo día por acabar sextos a final de curso. Ímolo intentar.

Martín Monteserín (Lugo Unión): Mellorar os resultados acadados ao principio de tempada. Ser un cadro de xogadores competitivo coa colaboración do míster Merino que nos fixo coller moitas cousas novas. Deunos un bo salto a nivel deportivo, aínda que os resultados non acompañaron. E veremos onde podemos estar a final de campaña.

Corpo técnico Comercial: Meterse no play off de ascenso.

Yessica Martínez (presidenta SD Nuevo Nausti): A tal punto desexamos que se acabe o antes posible

O Nausti e o Carballedo foron as novidades en canto a equipos esta tempada na Terceira

Grupo Sur:

José Antonio ‘Lolo’ (adestrador Sporting Lucense): Obviamente é ascender. Pero sentar as bases en canto a xogadores que sirvan de sostén para consolidar o equipo mínimo en Segunda Rexional.

A Milagrosa persegue por segundo ano consecutivo o seu ascenso. Foto: Sonia Paleo

Xogadores Milagrosa: Continuar nesta liña de resultados para poder obter o ascenso e, especialmente, seguir co gran compañeirismo e actitude que reina nos adestramentos e partidos.

Juan M. Rivera ‘Perry’ (adestrador Lemos B): Que neste 2020 as lesións respecten a todos os xogadores de todos os equipos. No tocante aos resultados que cada un acabe onde merece.

Jesús Melendo (adestrador do Antas): Seguir desfrutando e traballando coma ata agora e que as lesións nos respecten máis.

José Manuel Pasín (adestrador Sober): Que nos respecten as lesións, seguir sendo a gran familia que somos e conseguir ese ansiado ascenso.

Manu Otero ‘Txiki’ (adestrador Carballedo): Primeiro pedir que nos respecten as lesións. E despois seguir medrando todos xuntos como equipo. Se seguimos na mesma liña de traballo e compromiso os resultados chegan sós.

Dani Ríos (adestrador Taboada B): Dende a familia do Taboada C.F. deséxolle a todos un 2020 cheo de saúde e felicidade. Deportivamente dar todos un pouquiño máis de nós, que non haxa lesións e, sobre todo, seguir desfrutando desde deporte.

Omar Gómez (adestrador Monterroso): Seguir sendo competitivos no campo, poder seguir sacando rapaces con ganas para os dous equipos e dar medrado todos xuntos.

Richard Huerta (capitán Castroverde): Conseguir que os máis novos tomen o relevo dos históricos e cheguen a desfrutar e xogar cada partido coa paixón que o fixemos nós ao longo de tantos anos.

Caxín (Relámpago Taboada): Fortalecer o bo equipo que temos na segunda volta e colocarnos en postos de promoción.

Senén López (adestrador Rubián): Que nos respecten as lesións e que podamos mellorar os resultados.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Redacción Futbolinlugo

Redacción Futbolinlugo

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*