A xornada 21 podemos calificala coma a xornada dos Diegos. Non é por barrer para a casa pero os meus homónimos foron decisivos na pasada fin de semana. Un dos múltiples Diegos do Páramo foi decisivo para a remontada do seu equipo. Esta vez tocoulle ao punta de Sarria, Diego Díaz. Saiu dende o banquiño e aportou os dous goliños do conxunto de Melenas (Diego tamén, como non), para darlle a volta ao marcador no sempre complicado campo do Bóveda. O seu homónimo Diego Hermida liderou a ofensiva do Foz, e deixou un soberbio gol, na goleada dos de Jesús Gayol ante o Monterroso. E o último Diego goleador da xornada non podía ser outro que Chao, o atacante do Xove Lago. Un doblete que ao final só serviu para obter un punto, xa que o Taboada neutralizou o 3-0 que tiña en contra.

Nesta xornada marcada pola metralla pura nos últimos metros, era obligatorio que estivese un dos homes máis en forma da competición. Farra, cun hat trick, segue mantendo ao Pastoricense nos postos nobres. Ao igual que fai Borja Mella co San Ciprián. Dous goles seus tumbaron a un mal Santaballés, que non termina de enganchar coa zona alta da táboa. Outro doblete foi parar ao branquiazul Borja Rasilla. Caramba, outro nome repetido! O mediocentro lugués resolveu o encontro na Veiga e tumbou ao Riotorto. Case nada. Pero para esta Residencia imparable nada é imposible. Aínda nos quedan dous dobletes máis. O de Otero para o Chantada Atlético e o de Luis Varela para o Valadouro. Un experto a balón parado que tumbou ao pechacancelas a domicilio.

Na defensa tampouco podían faltar os goles. O de Iago para o Outeiro na Frigsa e o de penalti de Jacobo, que axudou e moito na remontada do conxunto de Emilio García en terras mariñanas. A portería é cousa de Casillas. Ao igual que o seu homónimo, mantivo con vida aos seus con varias paradas de mérito.

 

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*