Houbo sorpresa na Segunda Sur. O intratable líder, o CD Palas, caeu na súa visita a Becerreá por un contundente tres cero ante un dos últimos clasificados. Porén, quizais esta posición na táboa non se deba ao mal fútbol dos locais, senón á mala fortuna que os acompañou todo o ano.
De aí a súa gran victoria de onte domingo, poñendo as cartas sobre a mesa e deixando claro que loitarán até o último día pola salvación.

Ademais, hoxe en Futbolinlugo traemos unha gran galería de imaxes do choque, cedidas polo Facebook do clube da montaña!

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*