Se tiveras que escoller a dous adestradores da provincia por ser xenios e figuras, a cales escollerías? Labrada e Gayol estarían na quiniela da maioría dos amantes deste deporte (risas) Síntome un privilexiado xa que fun adestrado por ambos. Estiven as ordes de Gayol naquel SuperMuras. Instalado na Primeira Galicia, comandado polo alcalde-magnate Isaam. Compartín vestiario con xogadores da categoría de Iván Campos, Negrín, Valú… o forte carácter á hora de dirixir foi clave para unha boa xestión do grupo. Nos partidos a relación de Gayol co colexiado no eran do máis cordial. Discrepaba na maioría das decisións contrarias ao seus intereses. Facíao visible con xestos ou coas súas míticas frases como “arbi parece que pitas baloncesto, aquí no fútbol hai contactos!».

A miña carreira futbolística por motivos laborais rematou no Rioaveso. Daquela o adestrador era Labrada. Vivía (e vive) o fútbol dunha maneira especial. O día de partido tiña as pulsacións a mil e o de negro sempre se equivocaba na contra do seu equipo (téñenlle manía – risas). Viña da man de Gayol polo que xa estaba curado de espanto. Os partidos seguíanos dende a banda con gran intensidade. Iso provocaba que a amonestación por parte do árbitro fose case unha tradición.

Javi Gómez foi primeiro xogador sénior antes de ser árbitro. Foto: Roberto Carreira

As voltas que dá a vida. No 2012 volvo laboralmente a miña casa. Decido seguir lado ao fútbol, pero como? Pasándome ao lado escuro (isto dito por algúns dos meus antigos compañeiros). Aínda que de escuro nada. E ben orgulloso de exercer. Foi na temporada 16/17, concretamente na 30ª xornada da Primeira Galicia. Fun o afortunado que ía arbitrar un dos partidos da xornada: Foz – Riotorto. Gayol vs Labrada. E eu no medio. Coñecianme e pensei que o levaría seguramente do mellor xeito posible, como no resto de partidos. Esa semana viñéronse á cabeza todas as frases e expresión que lle proferían ao árbitro. Pensi que nunca me ía ver nunha desas (risas).

Día de partido. Todo preparado no Martínez Otero. Falo cos meus asistentes de como debemos xestionar o encontro. Saímos os 3 sabendo que somos o mellor equipo sobre o terreo de xogo. Temos que botarnos a nós mesmos eloxios, se non quen o fai? Fago soar o chifre. Aos poucos minutos xa teño o primeiro deja vu de Gayol: “arbi, que isto non é baloncesto!”. Deus! Pero se pasaron 10 anos e segue coa mesma frase. O fútbol evoluciona e as frases tamén deberan facelo penso. Achégome a el e dígolle: «míster no proteste de esa manera que nos conocemos, al siguiente aviso lo amonesto». Lanzou un sorriso pícaro pola súa parte, entendendo que xogaba as súas bazas pero que comigo non ían funcionar. Dúas xogadas despois foi a quenda de Labrada: “Arbi! Pero que pitas!”. Achégo agora ao banco visitante e diríxome a Ramón: “por favor míster, esas non son maneiras. Dígolle o mesmo ca o míster local. A próxima advertencia será amonestado». O partido continúa e posteriormente, como non podía ser doutro xeito, acabaron os dous amonestados. Xenios e figuaras ata a sepultura.

Javi Gómez. Ex xogador e actual árbitro de Primeira Rexional

Comparte
                        

Sobre o autor Ver todos os posts

Redacción Futbolinlugo

Redacción Futbolinlugo

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*