Unha vez rematada a temporada 19-20 en Galicia, toca pensar xa na seguinte. A incertidume segue máis que presente. De feito é a que domina a situación. Poucas respostas se poden buscar nun contexto tan complicado. E se as hai, toca golpear a porta onde todo comeza. Así que alá nos fomos. A atopar respostas á Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Onde o seu vicepresidente, Carlos Méndez ‘Negrín’, nos atendeu unha vez máis amablemente.

Carlos Negrín. LAVOZDEGALICIA

FUTBOLINLUGO: Boas de novo Carlos! Unha vez finalizado ese play off de ascenso, cales serán os seguintes pasos da RFGF?

NEGRÍN: A Federación está en ERTE pero os que están operativos, xunto cos directivos, non paramos de traballar. Os plans competicionais vanse presentar en breve pero condicionados ao día a día e ao nivel sanitario en Galicia e España.

É o ano máis difícil da historia para organizar unha competición

FIL: Pódesnos facer un adianto deses novos plans competitivos?

NEG: Trataremos de facer grupos máis pequenos e ligas curtas. Así, se hai parón teremos capacidade de manobra. É o ano máis difícil da historia do fútbol para organizar unha competición.

Os plans competicionais vanse presentar en breve así como o portal do federado

FIL: Lévase un tempo falando de subgrupos nas diferentes categorías. E dunha posible desaparición da Terceira Galicia. Será así?

NEG: Vai haber Terceira Rexional. Desde Terceira División a Terceira Autonómica, contaremos con subgrupos. En Lugo, a día de hoxe, hai dezaseis equipos en Terceira. Non temos constancia de altas e baixas novas.

FIL: Imaxinamos que o protocolo para o desenvolvemento da actividade futbolística estará xa listo, non si?

NEG: O protocolo témolo prácticamente finiquitado. Faltamos varias das federacións máis importantes, ao ser deportes de contacto. Estamos pendentes da Xunta, estábamos esperando por se había cambio na situación actual do COVID e a que finalizara a fase de ascenso a Segunda B. A semana pasada reuníronse todas as federacións deportivas coa Xunta e moitas temen pola súa continuidade e viabilidade.

Vai haber Terceira Rexional e subgrupos de Terceira División a Terceira Rexional

FIL: Pódesnos facer un breve esbozo dese futuro protocolo da RFGF?

NEG: Agora mesmo non se pode adestrar máis que facelo sen contacto. A semana quee vén case seguro que o colgaremos na rede. Estámolo consensuando coa Xunta. A día de hoxe, segundo o protocolo da Xunta, non se pode xogar ao fútbol. Cando vimos de ver o que pasa ademáis no fútbol profesional… Vimos o do Fuenlabrada, o do Portugalete no País Vasco… E iso tendo a proba PCR feita do día anterior.

FIL: Desde que se teña ese protocolo aprobado xa sería todo máis ‘sinxelo’ para retomar as diferentes ligas?

NEG: É moi complexo. Hai que contar con todos os protocolos dos Concellos para as súas instalación e vecinos. Cada Concello pode establecer os seus e habería que cadralos cos da RFGF e a Xunta.

Moitas federacións deportivas temen pola súa viabilidade e continuidade

FIL: Deixando a un lado o plano deportivo propiamente dito; contaremos con algunha novidade máis que a da presenza da COVID-19?

Negrín nun acto co Sagrado Corazón. FUTGAL

NEG: Imos presentar o portal do federado moi pronto. Asi como os plans competicionais de cada delegación, como xa falamos. O portal do federado é algo moderno para facilitar a xestión dos clubs, acorde aos tempos que corren. Unha aposta de presente e futuro para os tempos que corren. Levamos anos traballando nel. Supón un esforzo a nivel bestial e tocaría cargalo de contidos, como as propias licenzas.

Hai que cadrar os protocolos dos Concellos cos da RFGF e a Xunta

FIL: Última pregunta. Cal sería o mellor escenario posible e cal o peor para a vindeira campaña?

NEG: O mellor dos escenarios sería poder empezar en outubro e a pretemporada en setembro, coa disputa dalgúns partidos amigables. Ese sería o mellor, con moita diferencia. O peor, non podo falar de cal sería. Sobre todo, con temas sanitarios. Prefiro non poñerme no peor dos escenarios, non quero ser alarmista.

Comparte
                                          

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*