Temos novo inquilino no fútbol lucense. Responde ao nome de Gonzalo Trigales Álvarez. Aos seus 26 anos está a escasas horas de vivir o seu bautismo no noso balompé máis autóctono. Fárao da man da Milagrosa. A iso das 16.30 horas no Páramo. Pero o balón xa o levaba no sangue pois leva xogando «dende os 4 anos».

Gonzalo co FK Massongex suízo

A medida que foi crecendo foi pasando por competicións provinciais, rexionais e, sobre todo, estranxeiras. Os seus fitos máis importantes sitúanse en Suiza, na Segunda División B deste país europeo. Concretamente no FK Massongex, onde xogou seis meses. O máis preto que estivo da nosa terra foi nalgúns campus de clubes de renome e cando vestiu a camisola de La Morenica, clube de Ponferrada que milita en competición provincial.

Gonzalo apenas leva dous meses na cidade amurallada. Pero xa pensa en clave blanquivermella. De feito non ten problemas en recoñecer que se ve «titular esta tarde» ben sexa «como mediocentro ou mediapunta», as dúas posicións nas que se desenvolve principalmente este ‘todocampista’ de gran «trato de balón».

Esta flamante fichaxe do cadro da Frigsa confía na «permanencia da Milagrosa» sempre e cando todos sexan «unha piña». E sobre todo en volver a demostrar o seu fútbol, ese talento innato que ten. Ese talento que as lesións non lle deixaron demostrar en moitas ocasións. A última, un esguince de nocello de segundo grao. Quizais a sorte do mítico cadro capitalino esté nese nocello. Nunca se sabe… Do que sí está seguro é de que na súa mellor versión espertará «o interese de clubes de categorías superiores». Iso sí, dentro da mesma Primeira Autonómica, o seu futuro sempre sería «coa Milagrosa».

 

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*