#Feminino #Fútbol afeccionado #Fútbol Base #Preferente Futgal

Formatos exprés para a Preferente, feminino e Ligas Galegas

Futbolinlugo xa sabe como será o final deste curso futbolístico tan atípico. Despois de conversar co vicepresidente da Real Federación Galega de Fútbol Carlos Negrín, estas son as principais e importantes novidades:

SITUACIÓN ACTUAL

  • A excepción das categorías nacionais, só se permite adestrar aos residentes no propio Concello seguindo os protocolos acordados. «Por exemplo, o Sagrado Corazón teno máis doado na base que o Castro. Os rapaces que non son do Concello de Castro non poden ir adestrar. O certificado de mobilidade vale só se hai calendario fixado», comentou Negrín.
  • A idea é que esta problemática de mobilidade entre Concellos se solucione na vindeira semana para poder adestrar coa ‘nova normalidade’.

PREFERENTE

  • Abrirase de xeito inminente un prazo de 10 días de inscrición.
  • Xogarase unha Liga exprés, de xeito voluntario.
  • Só haberá ascensos e nunca descensos.
  • Os equipos que decidan competir manterán as axudas presentadas na convocatoria anterior.
  • A decisión de optar por este modelo débese a que Galicia sería a única comunidade que quedaría sen ascensos á próxima Terceira División, segundo comentaron onte o presidente Rafael Louzán e a cabeza visible da Real Federación Española de fútbol Luis Rubiales. Polo tanto, así habería ascensos

FEMININO E LIGAS GALEGAS



  • A idea é estender o formato anterior á Primeira Galega feminina e ás Ligas Galegas de base.

PRIMEIRA, SEGUNDA E TERCEIRA GALICIA

  • Non se xogarán esta temporada.

BASE PROVINCIAL

  • A idea é que compitan. Non se sabe aínda o formato, pero queren que os nenos xoguen neste final de curso.



Formatos exprés para a Preferente, feminino e Ligas Galegas

As nosas guerreiras da fin de semana

Formatos exprés para a Preferente, feminino e Ligas Galegas

O tempo de desconto, clave para Polvorín

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *