O Rácing Villalbés segue sumando ‘fichas’ ao seu novo proxecto na Terceira División. Esta vez, en forma de renovación. Rubén Gómez continuará unha tempada máis na Magdalena. Nesta liña, todo apunta a que Vérez e Dani Montes (titulares onte frente ao Deportivo) quedarán no primeiro equipo. Así mesmo, Juanjo (Calasancio) reforza ao cadro xuvenil de División de Honor. Sen movernos da Chaira, viaxamos a Castro. Alí, veñen de firmar dous prometedores xogadores. A bon seguro serán importantes no conxunto de Javi López. José Manuel e Ruchi recalan en Castro dende o Lugo xuvenil. O primeiro é un porteiro completo para facerlle a competencia a Yebra. O último, defensa natural de Becerreá. Un dos mellores centrais sub23 do noso fútbol. A este par de futbolistas, hai que unirlle un máis. Un mediocentro contrastado. Diego Núñez, que se comprometera co Atlético Escairón, deixa O Saviñao polo Arturo Pereiro. Pulmón e loita para unha medular na que haberá máis reforzos.

Diego Núñez chega a Castro despois de xogar en Terceira co As Pontes

E no Escairón, se un se vai pois ten que entrar outro. Qué mellor ca un vello coñecido! Volta o ‘Rifle’ Pandiani. O dianteiro, pichichi da Primeira Galicia hai dúas campañas, regresa para mostrar ese olfato goleador innato que o caracteriza. Quedámonos precisamente nesa Primeira da que falabamos anteriormente. Según puido saber Futbolinlugo, Edu será o próximo adestrador do Lemos. Será oficial en cuestión de horas. Pola súa parte, Rebolo manterase á fronte do Xermade. Ademais, en Chantada informaron de que Dani adestrará ao seu conxunto cadete.

Xa na Segunda o Antas confirmou o que xa era un segredo a voces. Diego Gallego dirixirá aos do CastroSeoane esta campaña. Dani Abelairas seguirá coma coordinador deportivo. En Burela, mantéñense tres xogadores máis: Runi, Karri e Moreda. Por último, visitamos Cazás. Alí temos unha incorporación: Pedro, procedente do Abadín.

 

Comparte
                                                         

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*