Non nos deixan descansar. Os clubes da provincia están decididos a deixar conformados os seus cadros de xogadores para a 20/21, e día tras día anuncian altas ou renovacións. Todas elas quedan rexistradas no noso Diario dun Mercado, por iso hoxe chegamos con outra edición.

Ante a ausencia de movementos na Terceira División, comezamos pola Preferente Norte. Nela, a Residencia asina a Yeray, procedente da SD Pol, e renova a un clásico da casa, o atacante Artai. Tamén o Foz prepara a nova temporada e confirma a incorporación de Jorge (Celta Barreiros) á disciplina de Javi Chinchón.

Unha categoría máis abaixo, na Primeira Galicia, Lucas Basualdo, Rasilla e Santiago renovan na SD Pol, mentres que o dianteiro Darío Maximino «Guamedo» fará a pretemporada coa UD Pastoricense co obxectivo de agradar ao técnico Fran Veiga e quedar na clube. Máis ao sur, no Sangoñedo, Pulpix e Alex Delgado renovan na SD Chantada para tratar de conseguir o ascenso á Preferente.

Na Segunda Galicia, o centrocampista Camiño ficha polo Abadín. Ao mesmo tempo, no que atinxe ao fútbol feminino, Iria renova na SD Chantada. Por último, o ex-adestrador do Incio, Monarca, será o novo coordinador da base da Sarriana. 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*