O Foz comezou onte a andar. Co cadro de xogadores prácticamente rematado. O último en chegar foi Miguel Rodríguez, dianteiro que defendía as cores do Valadouro. E para haber entradas ten que haber saídas. Coma a do porteiro Trullo cara o Xove Lago, onde xa estivera con anterioridade. Mesma orixe e mesmo destino que o lateral Luis Varela. Nesa mesma Primeira Galicia, o Castro continúa coa confección dun equipo competitivo. Renovou a Brais cando o seu destino semellaba ser Guntín e ficharon a Fede Roldán, arxentino procedente de Lugosala e con pasado no Páramo. E fixeron un 2×1 tamén. Isaac cambia a base do Racing Villalbés pola vermella e xogará no primeiro equipo de Vitín.

No Saviñao recala Davis, procedente do Sober. Así mesmo o Atlético Escairón incorporou ao lateral Froxán e a Montoto. En Monterroso, Gontá e Billy retornan ao club de Cerdeiriños despois do seu paso polo fútbol sala. E Ojea, capitán do filial, súmase ao primeiro equipo. No capítulo de baixas, Yago Barrio e Frebas marchan a Portomarín ás ordes de Fernandito e Pampín. Martín Blanco xogará no xuvenil de División de Honra do Conxo santiagués. En Friol, dúas retiradas: o meta Buxán e Jesús. O pichichi Dani Roca fai as maletas cara Riotorto. Para suplir as ausencias, Viusky cambia a portería de Portomarín pola da Reigosa. E tamén chegan Víctor do Outeiro, Omar do Santa Comba e Larpy do Friol B.

Na Segunda Galicia, David González ‘Gonza’ reforza a banda do Xermade tras o seu paso pola Residencia. Na Terceira, David Guerra e Hugo Listón convertíronse en novos xogadores do Carballedo. No fútbol feminino, a guitiricense María Calvo ‘Peke’ aparece na listaxe de xogadoras convocadas para iniciar a pretemporada co Dépor Abanca. A atacante dos Vilares xa alternou primeiro e segundo equipo a pasada campaña, marcando 15 goles en 28 partidos. En Burela, contamos tres renovacións máis: Alba Salgueiro, Cristina Pérez e Ari. Seguiremos informando!

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*