Os equipos da provincia da Preferente Norte teñen unha desigualdade competitiva con respecto ao resto de clubs do seu grupo. Neste caso, a maioría da Coruña, agás o Estudiantil que pertence a provincia de Pontevedra onde tamén sofren esta desvantaxe. O problema vén porque na Coruña despútase a Copa entre semana polo medio da liga regular. A Federación Galega considera esta competición como oficial polo que as sancións que se producen na fin de semana poden ser cumpridas neses partidos de Copa e así volver xogar na seguinte xornada da Preferente. Algo que non acontece na provincia de Lugo porque a Copa Deputación celébrase despois de que remate a liga regular.

O Chantada foi o equipo que puxo a atención sobre este irregularidade despois do encontro desta fin de semana que o equipo disputou e perdeu ante o Paiosaco. No conxunto coruñés entrou na segunda metade Javi Fuentes que fora sancionado na anterior xornada por recibir o quinto cartón polo que debía de cumprir ciclo. Ese ciclo cumpriuno no enfrontamento da Copa coruñesa que o seu equipo xogou fronte ao Sobrado dos Monxes. No cadro chantadino sorprendéronse da entrada ao campo do xogador e foi cando se enteraron de que xa estivera un partido sen poder xogar.

Ante o que consideran unha clara inxustiza, á marxe da situación clasificatoria do club e da derrota, decidiron presentar en tempo e forma unha reclamación por aliñación indebida do dito xogador. Nesta mesma xornada deuse un caso semellante. O porteiro do Arteixo, José Hevia fora expulsado na anterior xornada contra o Escairón e Rubén Porto por acumulación de cartóns; como non xogaron a Copa si puideron facelo no partido de Preferente ante o Noia. Nese mesmo encontro o xogador do Escairón Rubén Díaz tamén tiña que cumprir ciclo, algo que fixo no enfrontamento do seu equipo na última xornada ante o Estudiantil.

Dende o Chantada son conscientes de que vai ser un proceso longo, pero aseguran que van ir ata o final para poder chegar a unha solución. Desexan que remate a que consideran unha desigualdade competitiva contra os equipos da provincia da Coruña.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Iván Calaza

Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*