Xa solo queda un equipo invicto na Primeira Galicia. É o novo líder: o Xove Lago. Os de Miguel Sancosmed alcanzaron o primeiro posto despois de realizar un encontro moi serio na Polvoreira e tumbar por vez primeira na tempada ao San Roque. E falando de primeiras veces, temos que viaxar ata a costa, onde o San Ciprián firmou o seu primeiro triunfo ante o Ferreira. Os seus veciños de Foz careceron de sorte esta xornada e cederon ante un gran Bóveda, no que debutou Hugo Gallego. Tampouco marcharon ben as cousas polo Valadouro. O cadro de Julio Castro sucumbiu na casa ante o ímpetu inicial dun Lemos que xa mandaba por 0-2 aos dez minutos de xogo.

E viaxamos máis ao Sur para falar do derbi da xornada, que se levou a Sarriana pola mínima tras vencer por 0-1 ao Páramo. Ademais no outro encontro de rivalidade, o Monterroso recuperou sensacións no clásico ante o Taboada (0-3). Por un só gol tamén venceron o Chantada ao Xermade (0-1) e o Pastoricense á Pontenova (1-0). Por último, o Riotorto desfíxose do Santaballés (2-0).

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*