O derbi do Sur tivo un claro nome: Diego Arias. O Ferreira sufriu o hat trick do atacante dun Lemos á alza. Moi preto, en Bóveda, volveu gañar o invicto San Roque. En Cerdeiriños, o Valadouro quedou con nove xogadores. E conseguiu os seus goles con dez homes no campo. Meritorio. Na Mina, chegou a primeira derrota da Pontenova ante o Taboada. Por outra banda, o Santaballés caeu pola mínima a un Pastoricense que lle está custando arrancar esta campaña.

Os que van coma un tiro son o Chantada e o Foz. Suman todo por victorias. Os do Sangoñedo tumbaron ao San Ciprián e o Foz xa vencía por 2-0 no minuto 3 a un frouxo Xermade. O Xove Lago empatou na casa ante un Páramo que xa sabe o que é puntuar. Iso sí, o cadro das Rapadas sufriu unha xornada máis unha nova expulsión. Ademais, poden perder a Corbelle unhas semanas por un problema muscular. Por último, o Riotorto asaltou a Ribela. Segunda derrota consecutiva para o gran favorito, a Sarriana. O importante é que levamos só tres xornadas e todos os equipos xa puntuaron. Isto promete amiguiños!

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*