*Taboada-Lemos: Guerreiro foi determinante antes do descanso, ao asistir a Marcos; e na reanudación cun gol. No entanto, Diego Arias volveu demostrar a súa relevancia unha semana máis. Esta vez, asinando un doblete. E sobre todo, firmando o tanto do triunfo no tempo de desconto. CANTI estivo de novo traballando na Medela. Esa é a mellor nova da xornada.
*Pastoricense-Monterroso: O tempraneiro gol de Martín foi unha losa insalvable para o cadro de Cerdeiriños. Os de Adrián Vázquez dispuxeron de numerosas ocasións para puntuar. A súa falla de puntería e a gran actuación de Casillas, xustifican a victoria do Pastoricense. David Quintá e Javi García estreáronse co primeiro equipo do Monterroso.
*Xermade-Ferreira: O Ferreira é o novo pechacancelas despois de caer ante un Xermade que segue en descenso. Un gol pasada a media hora de xogo e outro contra o remate, tumbaron aos do Baliño.
*San Ciprián-Valadouro: O derbi quedou empañado pola grave lesión de Felipe Varela, que xa foi operado onte da súa rotura no Tendón de Aquiles. No relativo ao xogo, un novo gol de Dani Sante resultou decisivo para os de Tomás Costa.
*San Roque-Sarriana: O 0-3 ao descanso xa o di todo. Non está a ser do San Roque esta segunda volta. A Sarriana suma e segue. Marino aportou dous goles máis para a causa colectiva da Ribela.
*Sporting Pontenova-Santaballés: Victoria fundamental dos de Dani Moirón na pelexa por evitar os temidos arrastres. A Pontenova abriu a lata de penalti e pechou o partido cun tanto sobre a hora.
*Páramo-Riotorto: O Páramo adiantouse por dous veces nun terreo de xogo en mal estado. A igualdade foi máxima en todo momento e o cadro de Labrada levou un punto a falla de cinco minutos para a conclusión.
*Bóveda-Chantada: Triunfo moi sufrido dun Chantada que tivo que remontar. Kadete, eterno capitán, foi o autor do tanto da victoria no minuto 88. Nos do Sangoñedo debutaron dous xogadores do equipo filial: Roberto e Gonzalo.
*Foz-Xove Lago: Derbi trepidante para despedirse do Martínez Otero, que pecha o telón temporalmente por obras. O Foz remontou antes do minuto 10 o tanto de Bouso en propia porta. O encontro estivo aberto ata o tramo final, cando Asier sentenciou co seu segundo tanto.