Lanzamos pregunta! Como se poden marcar cinco goles nunha tarde? Pois simplemente xogando un partido espectacular. Os elixidos cóntanse cos dedos das mans. Poucos son capaces de conseguilo. Iso sí, atopamos a un no noso fútbol. Chámase Diego Chao (Viveiro, 1992) e forma parte do sorprendente Xove Lago. O pichichi da categoría vén de marcar un repóker de goles no campo do Bóveda. Sí, a domicilio! Así que non nos quedou outra que falar con él. Deixámosvos aquí a conversa!

FUTBOLINLUGO: Boas Diego! E antes de nada, noraboa por eses cinco goles! É a primeira vez que marcasun ‘repóker’?

DIEGO CHAO: É a primeira vez. Se ben é certo que en cadetes marcara seis nun partido. Pero en sénior é a primeira vez.

En cadetes marcara seis goles nun partido

FIL: Cóntanos logo como foron eses goles!

Fotografía de Antonio Vaztra

D.C: O primeiro gol foi un balón despexado pola nosa defensa. Juanjo meteume un centro ao segundo pau e metina só. O segundo foi máis do mesmo. Foi o máis espectacular. Entrou pola escadra. No terceiro vin ao porteiro adiantado e pegueille desde fóra da área. O cuarto foi de falta directa e o quinto de penalti…

O segundo gol foi o máis espectacular. Entrou pola escadra

FIL: Agora semellas obligado a loitar polo pichichi…

D.C: Non é o que máis me importa agora mesmo. Quero axudar ao meu equipo cos goles. Está ben pero non é o meu obxectivo a verdade

FIL: Xa falando do teu equipo, marcades moito pero tamén encaixades bastantes goles…

D.C: Viñámolo comentando no autobús ao volver do partido. Que levamos partidos que máis que de fútbol, son de tenis. Arriba temos xogadores moi bos, que estamos chegando moi fácil arriba. Temos moitísimas ocasións. Por exemplo, en Bóveda perxudicáronnos as condicións do campo. Saímos moi mal. A herba estaba alta, era moi pequeno o campo… Costounos acoplarnos…

Levamos partidos que máis que de fútbol, son de tenis

Fotografía de Antonio Vaztra

FIL: Sorprendeuvos este gran inicio de campaña? Ou esperabades estar neses postos de ascenso?

D.C: Estanos sorprendendo, non o esperabamos. Comparado co ano pasado, necesitabamos un comezo así. Para estar máis tranquilos despois do sufrimento do ano pasado… Estase vendo nas primeiras xornadas o traballo ben feito que levamos dende pretemporada. E o que traballamos cada semana tamén.

FIL: Aínda así… Esta Primeira Galicia semella igualadísima, non?

D.C: Sí. Eu xa o vía vir dende pretemporada por como se estaban formando os equipos. Este ano non vai haber rival fácil. Pódeche complicar calquera a vida. Dende o octavo ao primeiro hai unha diferencia de catro puntos. Perdes dous partidos e méteste abaixo. Ganas dous e estás arriba. Está moi igualado todo.

Non esperabamos este comezo de Liga. Calquera che pode complicar a vida. Hai equipos de Primeira que podían estar en Preferente

FIL: Qué lectura facemos de tanta igualdade? Ten máis pros que contras?

D.C: Na miña opinión beneficia ao afeccionado, da gusto ver equipos con nivel e partidos igualados. Hai equipos en Primeira que podían estar en Preferente coma Lemos, Chantada ou Sarriana. Son equipos que teñen ese nivel.

FIL: Grazas pola túa atención Diego!

D.C: A vós! Un saúdo.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*