#Fútbol afeccionado #Segunda Futgal

As notas da Segunda nas semifinais da Copa

Este vindeiro domingo o Anxo Carro será o escenario das finais da copa feminina que desputarán entre o Friol e o Antas (17:30h) e a final da Copa masculina da Segunda e da Terceira entre o Pontenova e o Friol (19:30h). Antes facemos un repaso do máis destacado das semfinais nas nosas notas.

O ás: Matelo do Pontenova

O Sporting Pontenova ten a oportunidade de pechar unha temporada histórica. Despois de ser campión da Segunda e ascender á Primeira ten a posibilidade de gañar a Copa. Nas semifinais goleou por 4-0 ao Lourenzá nun encontro de proximidade. Andrés Fernández «Matelo» foi o gran protagonista do encontro ao anotar tres dos catro goles do seu equipo. O conxunto local sentenciou o partido na primeira metade (3-0 ao descanso) e non deu opción ao rival.

A figura: Miguel do Friol



O Friol tamén está na final da Copa ao eliminar ao Brollón nos penaltis. O partido foi trabado e con poucas ocasións. As expulsións condicionaron ao equipo local que errou un penalti xa na morte súbita. Circunstancia que aproveitou Miguel para anotar o seu e meter ao Friol nunha final de Copa histórica.

Nin pé con bóla: Lourenzá

Despois dun gran torneo realizado polo conxunto laurentino foron eliminados cunha dura derrota ante o Pontenova. Xogaron con nove xogadores toda a segunda metade, pero cando foi expulsado o primeiro xogador xa perdían 2-0. O Lourenzá pecha así unha boa temporada na que se quedou ás portas de pelexar polo ascenso nas últimas xornadas e tamén de chegar a unha final.



A anécdota: O Brollón forzou os penaltis con 9 xogadores

O conxunto de Chura quedou cun xogador menos xa no minuto 40 pola expulsión de Diego Pérez. No minuto 80 quedou con 9 xa que Daniel Rivera recibiu o segundo cartón amarelo. Aínda foron quen de chegar a lotería dos penaltis que os puido meter na final.

As notas da Segunda nas semifinais da Copa

Diario dun Mercado. Episodio 10

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *