#Feminino #Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal

As Nosas Redes Falan

Un mundialista en Cantarrana

O atleta Adrián Ben foi un dos protagonistas esta fin de semana no noso fútbol. O viveirense vén de triunfar recentemente nos mundiais de atletismo. Colleitou unha meritoria sexta praza na proba dos 800 m. Dende Doha Ben presumiu de pobo e estes días os seus veciños tentaron recompensarllo con distintas homenaxes. Unha delas foi a do Viveiro CF. Adrián fixo o saque de honra no partido que o cadro celeste xogou ante a Residencia. Os locais venceron 3-2 e mantéñense no máis alto do Grupo 1 da Preferente.



A arte no medio da néboa

Por segundo ano consecutivo o Mondoñedo e o Abadín xogaron o seu partido baixo a definición de «Derbi do Fiouco». Era un encontro de necesidades en plenas festas das San Lucas. Ningún dos dous equipos conseguira gañar no que levabamos de liga. Finalmente os tres puntos viñeron para Abadín. Pero para ao recordo xa queda o espectacular cartel co que dende o Mondoñedo FC anunciaron o partido. O humor para sacarlle ferro a un asunto de difícil solución polo momento na A-8. Haxa ou non haxa néboa, sempre compensará desviarse dunha autovía para presenciar fútbol de verdade.

Dous lucenses protagonistas no programa En Xogo

A pesar da súa xuventude xa son dous dos referentes futbolísticos da provincia. Onte foron algo máis protagonistas porque marcaron golazos. E sorte que había unha cámara para enmarcalos. O gol de Diego Villares para o Fabril e o de Lucía Pardo para o Outeiro entraron na selección do mellor gol da xornada que cada semana realiza o programa da TVG2, En Xogo. O gol do xogador de Samarugo supoñía daquela o 1-0 do partido. Finalmente o equipo branquiazul venceu por 2-1 ao Rápido de Bouzas. Villares é un dos fixos no esquema de Luisito. Pola súa parte Lucía Pardo marcou dobrete. O Friol empatou na Reigosa ante o Barça B. Como vén sendo xa nos últimos anos, a importancia da futbolista de Outeiro é vital no cadro friolés.



 

Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada

As Nosas Redes Falan

Máxicos Primeira. Xornada 7

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *