Boas novas

O Palas continúa no máis alto do grupo sur da Segunda Rexional. Venceu no partido da xornada ao San Roque, que era o segundo clasificado (terceiro agora). A vitoria tivo unha mención especial para Iván Navia. O xogador palense do Racing de Ferrol Xuvenil está en proceso de recuperación despois de ter un accidente de tráfico. Alegrámonos moito pola túa evolución, Iván; moito ánimo para todo o que queda.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Victoria sufrida e con adicación especial. «Iván, nunca camiñarás solo».. ➡️Palas CD 4-2 SDC San Roque ⚽ David ⚽⚽ Álvaro ⚽ Xoel . ¡FORZA PALAS!

Una publicación compartida de Palas CD (@palascd) el

O venres está máis preto

Semella que en Alfoz non levan moi ben que sexa luns, como case todos; pero eles tómano con humor. O perfil de instagram do CD Alfoz leva semanas usando a retranca para comunicar os días máis ansiados da semana: os luns e os venres. Uns ansiados para que pasen e outros desexados para que cheguen. A imaxe real conta como os xogadores do Alfoz piden o troco para o seu compañeiro Luismi, mancado sobre o terreo de xogo. O cadro alfocense continúa coa súa boa xeira no grupo norte da Terceira Rexional. Venceu ao Cazás no Catro Ventos e colíder, empatado a puntos co Muimenta.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Luns. Troco, pero de día por favor.

Una publicación compartida de Clube Deportivo Alfoz (@clubedeportivoalfoz) el

Un dos nosos

O noso colaborador Manu Amor, que (entre outras cousas) formou parte do equipo da realización da Guía de Fútbol en Lugo, está de noraboa. Dende xa, forma parte do equipo de redes sociais do seu querido Racing de Ferrol. Estudante de xornalismo, traballador incansable e todo o futuro por diante. Naciches para isto. Parabéns Manu. Coñecemos a túa paixón ferrolá, pero por esas veas tamén corre lucensismo.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Iván Calaza

Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*