Roubos en campos de fútbol da Primeira Rexional

Ladróns sería un título moi alto para designar a alguén que se debe aburrir moito para saquear un campo do fútbol modesto. A semana pasada entraron nos campos do Acebreiro (A Pastoriza), A Mina (Pontenova) e o Manuel Luna (Pol). Na fin de semana foron os campos do Sangoñedo (Chantada), Cerdeiriños (Monterroso), A Medela (Taboada), As Rapadas (Páramo) e o Municipal (O Saviñao). Os danos non son moi cuantiosos, pero si desfixeron cousas materiais. Dáse a coincidencia que todos os campos asaltados son da Primeira Rexional. Os clubs piden axuda para que isto non vaia a máis.

Ánimos para Iván Navia

O futbolista de Palas atópase hospitalizado logo de ter un accidente de tráfico a semana pasada. O xogador recibiu o cariño dos seus no encontro que esta fin de semana enfrontou ao Racing de Ferrol xuvenil (actual equipo) fronte ao CD Lugo xuvenil (club no que tamén xogou Navia) na 23ª xornada da División de Honra xuvenil. Os seus compañeiros intercambiaron camisolas co seu novo para darlle forzas a Iván e desexarlle o mellor na súa recuperación. Dende Futbolinlugo tamén nos sumamos ao apoio e mandamos toda a forza a Iván e aos seus seres queridos.

A solidariedade tivo éxito

O Río Sil publicou os datos da recadación destinados a axudar a unha familia soberina que perdeu a súa casa nun incendio. O que se sacou do amigable xogado entre o Sober e o Río Sil forma a parte principal do recadado, a maiores das axudas voluntarias que as persoas ingresaron directamente na conta aberta. Xa no deportivo, o equipo adestrado por Juan Diéguez non xogou esta fin de semana. O seu partido co Quiroga foi posto para a finde que vén (na que o Río Sil descansaría) para que así o conxunto quirogués puidese xogar o seu encontro aprazado co Castroverde. O Río Sil terá unha boa oportunidade de achegarse ao segundo posto do que se sitúa nestes momentos a 7 puntos.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Iván Calaza

Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*