#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal

Arturo (Club Lemos): «A clave desta temporada é a gran melloría do equipo a nivel defensivo»

O Lemos deu un paso de xigante a pasada fin de semana no seu obxectivo de acadalo ascenso a Preferente. O conxunto adestrado por Edu Rodríguez, sumou un triunfo moi importante no campo da Liga ante o Santaballés. Agora, o cadro monfortino ten un colchón de dez puntos sobre o segundo clasificado e de once sobre o terceiro, polo que o ansiado salto de categoría parece encarrilado a falta de trece xornadas para o final de liga. Este fin de semana reciben no seu campo a Residencia, outro conxunto que pelexa por recuperala categoría perdida.

Un dos piares do Club Lemos é o seu gardameta Arturo, o «zamora» do fútbol lucense con tan só doce goles encaixados. O xove gardameta monfortino fálanos da actualidade do seu equipo.

Con só doce tantos encaixados, Arturo é o porteiro menos goleado do fútbol lucense

FUTBOLINLUGO: Na pasada xornada o Lemos deu un golpe enriba da mesa gañando no campo do Santaballés, que era o segundo clasificado. Como foi o partido?

ARTURO: Foi un encontro moi igualado, no que nos adiantamos no marcador xusto antes do descanso. No segundo tempo tocounos sufrir moito, xa que os dous equipos nos xogabamos moito, pero fomos quen de aguantalo resultado.



FIL: Fuche decisivo detendo un penalti a Vérez no minuto 93. No fútbol afeccionado tamén se estudia por onde tira os penaltis o rival?

A: Pois a verdade é que non. Intentei aguantarlle ao máximo e logo decidín ir a un lado e tiven a sorte de detelo lanzamento e sumar os tres puntos.

FIL: Agora recibides na Pinguela a Residencia, outro candidato ao ascenso. Que partido agardas?



A: Creo que será un partido moi intenso e igualado, como xa o foi na ida en Lugo. Como cada domingo, agardamos rematar cunha vitoria.

FIL: Desde o verán o Lemos figuraba en tódalas quinielas de ascenso. Desde o vestiario contabades cun dominio tan contundente desde a xornada incial?

A: Desde o comezo imos partido a partido, tentando sacar adiante tódolos puntos en xogo. Debemos ir pouco a pouco ata acadalo obxectivo marcado.

Arturo, no encontro da pasada temporada ante o Taboada

FIL: Que cambiou desde a temporada pasada no Lemos? Porque a filosofía é a mesma…

A: Si, mantemos a mesma idea de fútbol combinativo, pero melloramos moito a nivel defensivo con respecto ao ano pasado e esa creo que é a clave.



FIL: Eres o porteiro menos goleado da categoría e tamén do fútbol lucense. Como senta iso?

A: A verdade é que estou moi contento e agardo que siga sendo así. A clave é o gran traballo defensivo que realiza todo o equipo en cada encontro.

FIL: Pasache polo Monforte, Calasancio en Liga Nacional Xuvenil e agora no Lemos. Con tan só 21 anos cal cres que é o futuro de Arturo no fútbol?

A: Non penso moito no meu futuro. Estou centrado ao cento por cento en logralo ascenso co Lemos, que é o noso principal obxectivo.

FIL: Cal é o teu estilo na portería? Tes algún referente no fútbol profesional?

A: Gústame moito estar en constante contacto coa defensa, falando con eles e dándolles apoio. Nos porteiros que máis me fixo e son os meus referentes hoxe en día son Oblak e Ter Stegen.

FIL: Volvendo á Primeira Autonómica, cal foi o equipo que máis te sorprendeu nesta temporada?

A: A verdade é que hai equipos de bo nivel esta temporada, pero creo que os que máis me gustaron foron Burela, Santaballés e Outeiro de Rei.

 

 

 

 

Arturo (Club Lemos): «A clave desta temporada é a gran melloría do equipo a nivel defensivo»

Galería de imaxes: SD Brollón 2-3 O

Arturo (Club Lemos): «A clave desta temporada é a gran melloría do equipo a nivel defensivo»

Galería de imaxes: UD Xove Lago 2-0

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *