O Ferreira C.F. retornou esta campaña á Primeira Autonómica logo dunha gran temporada en Segunda ás ordes de Julio Corral. O adestrador decidiu non continuar e fichar pola S.D. Sarriana e o clube do Baliño optou por darlle o timón a un vello coñecido do clube, Óscar Núñez, que xa estivera na entidade como xogador.

Con 24 xornadas de competición gastadas, o Ferreira C.F. ocupa o penúltimo lugar na clasificación con só 17 puntos, pero as sensacións do último mes de liga convidan ao optimismo. Dous empates ante equipos da zona alta, como o Lemos na Pinguela e o Riotorto, un meritorio triunfo no Páramo e tan só unha derrota no campo do Valadouro, fan que os próximos invites do equipo de Núñez calibren as súas opcións de permanencia.

O Ferreira C.F. foi quen de empatar na Pinguela, donde o Lemos non coñece a derrota

Unha das pezas claves no ascenso, e tamén nesta temporada, é Adrián Enríquez. Desde Futbolinlugo falamos co xogador de Pantón que nos conta como afronta o equipo os próximos encontros, claves no futuro inmedianto do equipo.

FUTBOLINLUGO: O Páramo é un rival que se vos da ben, xa que conseguístedes gañarlle na ida e na volta. Como foi o partido do domingo?

ADRIÁN ENRÍQUEZ: A verdade é que sí, ademáis son ata o momento os dous mellores resultados da temporada para nós. Foi un partido extraño, non ofrecimos a nosa mellor versión pero estivemos acertados de cara a portería e aproveitamos a práctica totalidade das ocasións das que dispuxemos.

“A estas alturas non podemos deixar escapar un punto e menos no Baliño”

FIL: Nos últimos partidos, aínda que só puidestes sumar tres puntos no Páramo obtivestes resultados de mérito, ante Riotorto e Lemos sobre todo. Sodes máis competitivos de cara ó ultimo tramo de liga?

AE: Está claro que sí, e esa é a clave destes últimos resultados, que de ir acompañados dun pouco de fortuna serían mellores sen dúbida. Seguiremos adestrando duro para pelexar polos tres puntos en cada encontro de aquí ao final de temporada.

FIL: O próximo encontro é no Baliño ante un Taboada que encadea seis partidos sen coñecela victoria. Como afrontádelo partido?

AE: Con moitas ganas tras a inxección de moral que supuxo o resultado do domingo e esperando darlle continuidade no noso feudo. A estas alturas non podemos deixar escapar un punto e menos no Baliño. Sairemos a polo partido.

Adrián Enríquez, o día do ascenso a Primeira co Ferreira C.F.

FIL: Os arrastres de categorías superiores condicionan sempre moito a permanencia, e a vosa situación é delicada. Con trinta puntos en xogo, vedes posible a salvación?

AE: É certo que estamos nunha situación delicada, pero non ocupamos moito tempo en pensar niso. Estamos decididos a seguir traballando para competir en cada partido e sumar os máximos puntos posibles. Pero con trinta puntos en xogo, e coas sensacións dos últimos encontros cremos que é posible.

“Ogallá puidese repetir a cifra de goles da temporada pasada, sería un bo síntoma de cara a lograr a permanencia”

FIL: Ademáis do Taboada, os próximos rivais que vos depara o calendario son Xermade, Pastoricense, Bóveda…equipos que están na mesma loita ca vós ou que chegarán os deberes feitos. Neses partidos está a clave?

AE: Sen ningunha dúbida. Estes partidos serán practicamente finais nos que será esencial sumar os tres puntos para poder escalar postos na clasificación na búsqueda da salvación. Son puntos que se nos escaparon na primeira volta, polo que serán clave se queremos revertir a situación na que nos atopamos.

FIL: A día de hoxe un bo número de equipos pelexan por salvarse, e outros tentan perseguir aos dous de arriba. Como ves esta Primeira Autonómica?

AE: Bastante entretida. É verdade que no último mes Foz e Sarriana amosáronse moi sólidos e conseguiron desmarcarse no alto da táboa, pero ata ese momento existiu moita igualdade. En canto á zona baixa, agardamos dar un arreón nos próximos encontros e aproximarnos aos rivais que temos enriba e apretar aínda máis a loita pola salvación.

FIL: A nivel persoal, como te estás atopando? O ano pasado lograche marcar once goles, tentarás repetir?

AE: Pois non está sendo nin moito menos unha boa temporada. As cousas non están saíndo e os números así o reflexan. Ogallá puidese repetir ou superar esa cifra, por intentalo non vai quedar. Ademáis sería un bo síntoma de cara a lograr a permanencia na categoría.

 

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Marcos Fernández

Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*