O Viveiro afronta paseniño o reto de situar de novo o seu nome entre os elexidos do fútbol estatal. Fai uns meses, aínda que ben seguro que lles gustaría acadalo doutra forma, chegou o ascenso a Terceira nen máis nen menos que despois de catorce anos sen xogar en categoría nacional. Era case unha obriga na cidade do Landro.

Publicada por VIVEIRO C.F. en Martes, 6 de octubre de 2020

Agora o outro paso de cara ao rexudir da entidade celeste céntrase na Copa do Rei. Este domingo ás 17:30 horas no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro, e retransmitido en directo pola TVG2, o Viveiro enfrontarase ao Ribadumia no que é a fase previa do torneo do K.O. Unha eliminatoria a partido único que dirimirá que equipo estará na fase final. Xa pasaron 27 anos desde a última aparición do cadro viveirense na Copa. Daquela o C.D. Lugo deixara fóra aos mariñáns logo de acadar un empate en Cantarrana e gañar pola mínima no Anxo Carro.

Uriol, nun encontro na pretemporada 2018/2019 diante do C.D. Lugo

«Afrontamos este encontro con moita ilusión. É un partido diferente e ademáis moi importate. Xa tivemos varios amigables, pero temos moitas ganas de probarnos nun partido oficial«, comenta Uriol, defensa central do Viveiro. A pretemporada resultou moi positiva para o conxunto adestrado por Chusky. Dous triunfos ante Racing Vilalbés e Somozas e un empate diante do As Pontes son a carta de presentación dun Viveiro que promete dar moita guerra na Terceira.

Para Uriol «clasificarse para a Copa do Rei é unha oportunidade moi bonita de seguir mellorando este ano. Acadar a vitoria o domingo sería un pasao importante para o clube«. O Viveiro afronta este choque coas únicas baixas dos lesionados Jacob e Tomy.

Enfronte estará o Ribadumia, campión do grupo sur da Preferente, e que tamén retorna este ano a Terceira tan só un ano despois de perdela categoría. «As referencias que temos do noso rival non son moitas, pero temos claro que será un partido moi complicado ante un rival difícil«, asegura Uriol. O equipo adestrado por Luis Carro, técnico que xa cumple a súa cuarta temporada á fronte do conxunto da comarca do Salnés, conta con xogadores de ampla experiencia como Fran Fandiño, Fran Matos, Hugo Soto ou o gardameta Roberto Pazos.

ENCONTROS AMIGABLES NESTA FIN DE SEMANA:

O Racing Vilalbés afronta unha fin de semana intensa, con dous encontros amigables. Serán os últimos antes do comezo da competición. O primeiro será hoxe sábado ás 17 horas ante o Fabril no Trofeo President. Un vello coñecido como Diego Villares volve á Madalena coa camisola do filial deportivista.  E o domingo, os de Simón Lamas enfrontaranse en Abegondo ás 17 horas ante o xuvenil do R.C. Deportivo, adestrado polo ex racinguista Óscar Gilsanz.

O Peluquería Mixta Friol disputará o domingo ás 12 horas o VIII Trofeo Concello de Friol diante do Victoria FC no Municipal da Reigosa. O encontro servirá tamén para realizar a presentación do equipo de cara a nova temporada que afronta na Reto Iberdrola.

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Marcos Fernández

Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*