Na nosa ruta polos campos da provincia na realización da II Guía Futbolinlugo aproveitamos tamén para ver fútbol. O pasado sábado no artificial da Madalena presenciamos a estrea en competición dun novo proxecto de fútbol na provincia, o Nuevo Nausti. Un equipo da parroquia vilalbesa de Noche que volve saír á palestra. O campo de seu non se atopa nas mellores condicións e buscaron alternativa. A estrea non foi doada na 1ª rolda da Copa. O Mondoñedo amosou a súa superioridade e venceu 0-14. Hai que salientar que o conxunto do Nausti atópase configurado na súa maioría por xogadores con escasa bagaxe no mundo do balompé. Aínda así agardamos que o seu debut sexa para quedarse. O Mondoñedo xogará a seguinte eliminatoria da Copa ante o Guitiriz (a finde do 8 de decembro).

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Redacción Futbolinlugo

Redacción Futbolinlugo

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*