Novo calendario de xuvenís grupo sur

As retiradas do Corgo e da SG Comercial a última hora provocaron que a Federación tomase a decisión de volver a sortear o calendario da Primeira Autonómica grupo sur de xuvenís. Isto fai que esta competición comece dúas semanas máis tarde ca do grupo norte e tamén ca maioría das ligas de base da provincia. Estas xa rodan dende a fin de semana pasada, mentras que o grupo sur iniciarase o 30 de setembro.

Once equipos competirán nunha liga de once xornadas (a unha soa volta) na que un deles descansará cada fin de semana. Os catro primeiros clasificados desputarán unha segunda fase con sistema de liga a dobre partido. De aquí sairán os tres conxuntos con dereito a participar na Fase de Ascenso á Liga Galega, onde esta temporada compiten como representantes da provincia o Racing Vilalbés B, Viveiro CF e CP Calasancio. Os sete equipos restantes distribuiranse en varios grupos para xogar por sistema de liga unha fase previa na que se decidirá a orde nos emparellamentos da Copa.

A capital da provincia é a que conta con maior número de representantes. Son cinco equipos os que representan o concello de Lugo: Residencia A, San Roque, Milagrosa, Polvorín A (adestrado por Kubala) e Sagrado Corzaón, polo que os duelos capitalinos están asegurados case que todas as fins de semana (agás na quinta e na oitava xornada). Na primeira veranse as caras o Sagrado Corazón e a Milagrosa. Pola súa banda, será o Taboada quen lle toque descansar na primeira cita programada e non comezará ata o 7 de outubro.

O Quiroga fixo este ano un equipo de xuvenís

Á marxe dos equipos de Lugo, tamén destaca a presenza de dous da comarca da Ulloa, o Palas e o Monterroso. E o encontro entre ambos chega moi cedo; será na terceira xornada e terá como escenario o campo de Cerdeiriños. Quiroga, SD Becerreá e Sarriana completan o grupo.

Podes consultar o calendario ao completo no seguinte enlace: calendario_xuvenís_grupo_sur

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Iván Calaza

Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*