#Fútbol afeccionado #Segunda Futgal #Terceira RFEF

Diario dun mercado. Episodio 267

O Diario dun Mercado segue a dar de si en pleno maio. Moitos clubes aínda non puxeron fin ao seu curso deportivo, pero xa levamos varias semanas contando novidades relativas á próxima temporada, a 2022/2023.

Unha das mellores novas para a nosa provincia é a renovación de Diego Villares como xogador do Deportivo ata 2025. O de Samarugo está a ser irremprazable nos ‘onces’ de Borja Jiménez, e afronta agora o playoff de ascenso coa mirada posta no fútbol profesional.

Tamén fóra da provincia continuará o mariñán Uriol Díaz. Logo de deixar o Viveiro o pasado curso para asinar no Estradense, o central renova no Municipal da Estrada, onde será adestrado por outro mariñán, Nacho, que retorna aos banquiños da Terceira RFEF.

Unha categoría máis abaixo, na Preferente, tal e como apuntaba La Voz de Galicia, Alberto López confirmou que non continuará como adestrador do Club Lemos, onde o preparador firmou un excelente ano. Na Segunda Autonómica, temos dúas despedidas. David Celeiro deixará o Celta Barreiros, sumándose así ao seu -ata agora- compañeiro Incera.



Ademais, Bruno despídese da Comercial despois de cinco anos no equipo capitalino. Por último, o lateral zurdo Álex Cumbraos abandona a disciplina do Páramo para incorporarse ao Castro «B», recén ascendido á categoría.

Diario dun mercado. Episodio 267

O Antas sálvase e o PM Friol

Diario dun mercado. Episodio 267

O Friol B métese nos oitavos da

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *