Os tres representantes lucenses na fase de ascenso a Primeira Galicia foron eliminados ás primeiras de cambio. Un duro domingo para o noso fútbol e no que Milagrosa, Chantada e Monte Forte; puxeron fin ao soño dun posible ascenso.
O golpe máis duro chegou en San Sadurniño. A Milagrosa encaixou unha durísima goleada ante un Amistade Meirás que non deu opción. Se ben é certo, que catro deses goles chegaron nos últimos cinco minutos de encontro.
Pola súa parte, o Monte Forte deixouse ir na última media hora nun partido cun inicio frenético. No minuto 4 adiantouse o Bueu pero, dous minutos máis tarde, as de Horta igualaban desde o punto de penalti. As pontevedresas puxeron terra de por medio con dous novos tantos antes do minuto 20. Na reanudación, as monfortinas recurtaron diferenzas. Aínda así, o Bueu respostou cun novo gol case instantáneo ao visitante; e afundiu ás lucenses.
O que máis preto estivo de sacar algo positivo foi o Chantada. Os nervos apoderáronse das rapazas de Álex Cambeiro na primeira media hora. E as chantadinas cometeron erros impropios dunha fase de ascenso. Aínda así, no rexeitamento dunha falta; Iria igualou o tanto inicial do Umia B.
Este tanto igualou o encontro. Tania perdonou en dúas ocasións, un longueiro e un gol anulado nun fóra de xogo dubidoso. No entanto, nos mellores minutos vermellos, chegou o 1-2 visitante. O Chantada non se veu abaixo pero foi o Umia B o que matou o partido, co terceiro e definitivo gol.
Resultados da xornada
Lugo 4-2 Sárdoma B
PM Friol B 1-1 Tordoia
Victoria FC B 2-0 Antas
Bueu 7-2 Monte Forte
Chantada 1-3 Umia B
Amistade Meirás 8-0 Milagrosa
O Lugo, única vitoria da xornada
Triunfo do Lugo na fase de ascenso da Primeira Galicia ante un Sárdoma que se adiantou no marcador. Custoulle ás de Joaquín Blanco ao inicio. Judith e Lucía sostiveron ao cadro albivermello nos peores momentos. Co paso dos minutos, as lucenses tiraron de verticalidade para repoñerse. Esther e Paula Rodríguez remontaron antes do descanso. A propia Paula fixo o 3-1 ao cuarto de hora da segunda metade. Fútbol combinativo e contragolpe para sentenciar a un rival que aínda asinou un gol máis.
Na fase de permanencia, o PM Friol B sumou outro punto máis ao seu casilleiro. O Tordoia abriu a lata nun encontro equilibrado e no que o balón foi case sempre das de Diego Vivero. Iso si, o filial da Reigosa tivo problemas para atacar a pechada defensa visitante. Pasada a hora de xogo, Vero Loureiro rompeu o muro do Tordoia para arañar un empate na casa.
Por último, o Antas realizou un partido moi serio con Noe Pires como cabeza visible despois da dimisión de Melendo a pasada semana. As do Castro Seoane competiron de ti a ti ante o Victoria FC B, un complicado rival. A sentenza local chegou no minuto 90 e o esforzo físico das lucenses foi moi destacable.