#Fútbol afeccionado

25 de xuño, o II All Star para a resaca de San Xoán

O II All Star Futbolinlugo xa ten data oficial. Unha vez coñecidos os calendarios da Copa Deputación, xa podemos comunicar o día do gran evento do ano en termos futboleiros. O próximo 25 de xuño Carballedo convertirase no epicentro do balompé galego. Gardade esta data para a cita máis obrigada! O sábado posterior ao San Xoán, e previo ao domingo da final da Copa de Preferente e Primeira.

Nas próximas semanas empezaremos a publicar os adestradores dunha edición na que volveremos ter xogos (repetidos e non), homenaxes, partido feminino e masculino. Un carrusel de emocións concentrados nun só día E no que, por suposto, teremos novidades.

Unha das principais, darémola a coñecer mañá ás 12.00 horas no seguinte enlace. Futbolinlugo lanza un Crowdfunding para esta edición, co obxectivo de facer a gran festa do fútbol lucense o máis grande posible. Unha maneira de involucrar a particulares e empresas desde xa e axudar a consolidar e crear un fenómeno aínda maior. Se se chega ao obxectivo marcado, prometemos aínda máis sorpresas! Así que mañá, a partires das 12.00 horas atentos, que o II All Star Futbolinlugo Carballedo ponse en marcha!



25 de xuño, o II All Star para a resaca de San Xoán

Volve a Copa Deputación logo da hibernación

25 de xuño, o II All Star para a resaca de San Xoán

O partido Fisioterapia Ronda . . .

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *