Traemos de volta unha das seccións mais agardadas no nos fútbol. O balompé feminino comeza a andar a ritmo e boa proba diso é o feito do inicio da Primeira Galega a pasada fin de semana.
Lugo e PM Friol B descansaron. Entrou en escena o Antas, que colleitou unha merecida derrota no campo do O Val (2-0). As rapazas do Castro Seoane nunca se chegaron a atopar cómodas durante os noventa minutos e cederon con claridade.
Mesmo resultado e mesma sorte correu o PM Friol A na Primeira Nacional. As de Covi colleitaron a primeira derrota da temporada no feudo do Interrías. Un tempraneiro gol olímpico no minuto 10 propiciou o escenario perfecto para o cadro local, que maniatou ao PM Friol co seu repliegue intensivo. E mesmo sentenciou noutra indecisión defensiva das lucenses.
O mellor da xornada: O primeiro partido oficial de Paula Vázquez.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
O peor da xornada: Os equipos lucenses non conseguiron anotar un só gol nesta pasada fin de semana.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2021/10/Presentacion1-1-2-10.jpg)