#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal

Máxicos Primeira. Xornada 3

portada maxicos

Nunha intensa terceira xornada, os máxicos de cada equipo están a definir paseniño os obxectivos dos seus clubes.

Castro 1-0 Lourenzá: o Lourenzá visitaba a un Castro que precisaba a victoria. O Arturo Pereiro foi testemuña dun choque moi intenso, onde os locais estiveron mellor na primeira metade, pero na segunda se igualaron as forzas grazas a intensidade dos mariñáns Pichi e Iago. Nos últimos intres, o Castro conseguiu o gol da victoria grazas á calidade de Marco.

Portomarín 3-0 Guntín: o Guntín saiu cunha dolorosa derrota do Chao da Poza. O Portomarín, intratable neste comezo de liga, adaptouse mellor ao estado do campo e conseguiu dominar todos os aspectos do xogo. Ao filo do descanso, un erro defensivo do Guntín traduciuse nun penalti e no 1-0. Na segunda metade, o Portomarín seguiu a dominar e sentenciou con dous tantos máis.

Burela 1-2 Sporting Pontenova: gran partido o que se viviu na Marosa na tarde do domingo. Os primeiros minutos foron do Burela, que estrelou un balón ao pau. A partires de aí, o Sporting foi medrando e conseguiu adiantarse. Tras o descanso, un penalti a prol dos locais converteuse no 1-1, pero o Sporting respondeu e volveu a poñerse por diante. Nos últimos intres, os verdes apretaron, pero non foron quen de transformar o empuxe nun gol.



Chantada Atlético 2-1 Outeiro de Rei: o Atlético superou na casa ao Outeiro de Rei. Dous goles na primeira parte serviron aos do Sangoñedo para chegar cunha boa renta ao descanso. Pouco despois da reanudación, o Outeiro recurtou diferenzas por medio de Pereira, pero finalmente os locais resisitiron o asedio visitante e os tres puntos quedaron na casa.

Pastoricense 2-1 Xove Lago: dous madrugadores tantos de Dani García en xogadas de balón parado decantaron o choque a prol dos do Acebreiro. O Xove, porén, non lle perdeu a cara ao partido e conseguiu achegarse despois do descanso. Tras o 2-1, os mariñáns apretaron máis, pero o Pastoricense defendeuse ás mil marabillas e non concedeu grandes ocasións para lograr así tres puntos de ouro.

San Lázaro 2-0 San Roque: tras un partido moi igualado e sen apenas ocasións, o San Lázaro conseguiu vencer grazas a un gran gol de Santi Marín no 80′. O San Roque volcouse entón para conseguir o empate e, practicamente no desconto, Julio sentenciou a prol dos locais para darlles aos celestes os primeiros tres puntos da temporada.



Pol 1-1 Riotorto: o Pol propuxo máis con balón no primeiro tempo, pero o Riotorto daba sensación de perigo cada vez que se achegaba á porta defendida por Javi Pita e chegaron a golpear co balón nos paus ata en catro ocasións. Aínda así, o Pol tamén generaba moito perigo e Herrero conseguiu o 1-0 no minuto 60′. Os visitantes souberon reaccionar e conseguiron a igualada nun córner que rematou á perfección Pablo Vivero. Finalmente, empate nun partido moi vistoso para o espectador.

Monterroso 1-1 Chantada: partido moi divertido o que se viviu nos Chacotes entre Monterroso e Chantada. A primeira parte foi para os locais, que tiveron varias ocasións para adiantarse, pero pecaron da falta de puntería que os está a caracterizar nestas primeiras xornadas. No segundo tempo, o Chantada lograba adiantarse logo dunha gran bogada combinativa. O Monterroso non baixou os brazos e conseguiu o empate no minuto 75′. Tras a igualada, ambos conxuntos puideron levarse o partido, pero finalmente houbo reparto de puntos.

Folgueiro 1-2 Alfoz: o Folgueiro estreou o casilleiro de victorias ante un Folgueiro que xenerou moito pero non foi quen de superar aos seus rivais. Todos os goles chegaron na segunda metade; o 1-0 e o 1-1 serían de penalti, e finalmente Manolito decantaría o choque cun auténtico golazo de volea co partido a piques de rematar.

Taboada 3-0 Friol: o partido decidiuse nos primeiros vinte minutos, nos que o Taboada anotou dous goles e o Friol sufriu a expulsión do seu central Burgo. O Taboada xogou moi cómodo o resto do partido e conseguiu ampliar a súa renda por medio de Gabri.

Máxicos Primeira. Xornada 3

Un tiro no pé e un derbi

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *