#Alevíns #Benxamíns #Fútbol Base

VII Torneo de Alevíns e Benxamíns da SD Becerreá

A pasada fin de semana tivo lugar en Becerreá un dos torneos clásicos da pretemporada. Como antesala ás ligas provinciais de Fútbol-8, celebrouse o VII Torneo de Alevíns e Benxamíns, organizado pola SD Becerreá. O Concello de Becerreá foi un dos patrocinadores, mellorando así os servizos ofrecidos no Municipal.

Falando primeiro dos alevíns, categoría na que competiron un total de 16 equipos, o torneo non defraudou. Organizado en catro grupos de catro equipos, a Residencia levaríase o triunfo ante o Polvorín. Equipos de fóra da provincia, como a SD Ponferradina, tamén asistiron a esta gran xuntanza de pequenos futbolistas.

En benxamíns, a Residencia repetiu título, impoñendose na final ao seu filial, a Residencia «B». Tamén a Ponferradina contou con representación nesta idade. Un gran número de rapaces participaron na cita, na que se reuniron familares e amigos de todas as partes da provincia e de todas as idades…

Velaquí unha pequena selección dalgunhas imaxes do torneo, podes consultar a galería completa no Facebook da SD Becerreá!



Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *